Aqui vos deixo unha actividade feita polo Seminario Galán para traballar cos nenos e nenas de Educación Infantil o día das Letras Galegas adicado ó autor Lois Pereiro. Premede enrriba da imaxe. Esperamos que vos guste! Unha Aperta
10 mayo 2011
Obradoiro Cociña: Limoada de Primavera!
Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos hoxe una riquísima limoada de primavera cos limóns que recollemos da árbore froiteira da escola, ademais, aproveitamos para traballar os conceptos enteiro e metade, os sabores doce e acedo...
Aqui vos deixamos a elaboración da mesma en imaxes, tan só precisamos: limóns, azucre, auga e un espremedor.
09 mayo 2011
Moitas Grazas Candela!!
A semana pasada celebramos o cumpreanos de Candela cunha festa por todo o alto, a súa nai fixo unha fermosa e deliciosa tarta de cumpreanos para todos os nenos e nenas de Educación Infantil e deulles un agasallo formidable para ler na casa.
MOITAS GRAZAS e FELICIDADES!
Aqui vos deixamos o vídeo e as fotos da celebración. Unha apertaOs Maios
O pasado día 29 de abril, celebramos no noso cole a Festa dos Maios e pasamolo en grande, fixemos coroas, colares e pulseiras de flores e xestas, desfilamos polas rúas de Aldán e cantamos a nosa canción do Maio, aqui vos deixo a canción e as imaxes do fermoso e divertido día que pasamos.
O Maio
View more presentations or Upload your own.
O Cadro Máxico
Debuxamos nun folio raias o azar e despois coloreamos con ceras brandas os ocos creados. Unha vez enchidas todas as figuras pintamos por riba cunha cera negra. Debuxamos a nosa familia cun punzón e por último pintamos con alkil para darlle brillo. Pegamos a nosa creación nunha cartulina e envolvemos con papel de regalo.
Esperamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)