19 enero 2011

Día da Ciencia

Despois de moito traballo todos os nenos e nenas da escola realizamos os nosos papaventos para festexar o día da ciencia. ¿ Por qué? porque é unha maneira de manifestar que esta asignatura pode darse en calquer idioma e por suposto tamén en galego. Os nenos e nenas de primaria investigaron sobre os distintos científicos e inventos galegos e por último como podedes ver nas imaxes todos xuntos probamos os nosos papaventos.

17 enero 2011

Xa chegou o Inverno

Os nenos e nenas de Educación Infantil escoitamos este conto para coñecer as características da estación na que nos atopamos: O Inverno.
Aqui vos deixamos o vídeo do conto por se queredes volver a velo na casa. Unha aperta!

13 enero 2011

Actividades de Nadal

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos festexamos o Nadal realizando múltiples actividades como a elaboración de postais, a decoración das campás de Nadal con axuda das nosas familias e esta árbore contruída por caixas de ovos, pintura e adornos, esperamos que vos guste o resultado.

12 enero 2011

Cumpreanos de Pablo, Miguel Anxo e Lia

Aqui tedes dúas imaxes dos cumpreanos de Lia, Miguel Anxo e Pablo, no apartado de descargas podedes atopar o enlace para ver e descargar todas as imaxes da celebración. Pasámolo en grande cantando, soprando as velas, dándonos achuchóns e felicitacións... damos as gracias a todas as nais e pais polos agasallos en especial, a nai de Pablo polo delicioso bizcoito que mandou para festexar ese día tan espcial para o seu fillo.
Unha aperta.






10 enero 2011

Xa estamos todos no Club do Mandilón


Despois de traballar as destrezas básicas de abotoar, desabotoar, poñer e quitar o mandilón por fin todos estamos no Club do Mandilón. ¡ Noraboa Nenos e Nenas !