Dende o Equipo de Dinamización Lingüística, a canción do mes de Febreiro trata sobre o Inverno, aqui tedes a música e a letra para practicala na casa, ós nenos e nenas de Educación Infantil encántalles. Unha aperta.
O PARAUGAS DO XOSÉ
O paraugas do Xosé
é un paraugas moi maliño,
se lle caen catro gotas...
xa te pos moi molladiño.
Por iso unha rapaza,
por pingando que ela esté,
nunca se porá debaixo...
do paraugas do Xosé
E o que é meu, i-é teu,i-é meu,
e o que é teu, i-é meu, i-é teu,
i-eu non quero que vaias dicindo,
que tumba, que dálle, que tal que sei eu.
(bis)
17 febrero 2011
15 febrero 2011
Folerpa, a nosa Moneca de Neve
Todos os días traballamos sobre distintos elementos do Inverno, nesta semana o tema a traballar foi a neve e como derivación deste centro de interese as "Folerpas" por iso, fixemos no noso recuncho da fantasía unha manualidade sobre un nova amiga: Folerpa, a nosa moneca de neve. Esperamos que vos guste.
14 febrero 2011
O conto das Vogais
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos contáronos o conto das vogais ós nenos e nenas de 3 e 4. Ós pícaros gustoulles moito esperamos que a vos tamén.
Unha aperta
03 febrero 2011
Atopamos unha Píntega
Que susto! nos aseos do polideportivo apereceu unha Píntega, o profe Xurxo meteuna nunha caixa con moito coidado xa que, como aprendimos non se lles pode tocar a pel porque o seu veleno é moi malo para nós. Aprendemos moitas cousas sobre este pequeno e fermoso reptil que despois de ollealo, deixamolo na nosa charca da escola para que puidese vivir feliz nun entorno apropiado para este tipo de animais.
Aqui tedes as imaxes, unha aperta.
Aqui tedes as imaxes, unha aperta.
Etiquetas:
Natureza,
Proxecto "A Charca"
Fantástico Día da Paz
A nosa celebración do día da paz foi un éxito, a tómbola e a carreira solidaria por Haití contaron coa colaboración de todos e todas e disfrutamos moito, por unha boa causa.
Aqui vos deixo as instantáneas do día. Podedes atopalas para descargar no enlace da dereita unha aperta e grazas pola vosa colaboración.
Etiquetas:
Días de Obrigada Conmemoración
Suscribirse a:
Entradas (Atom)