17 enero 2012

O INVERNO

O final das vacacións de nadal da comezo ao inicio das clases.
Despois de compartir as nosas experiencias, agasallos e novidades decidimos volver ás nosas rutinas e quefaceres diarios e darlle a benvida ao inverno confecionando un mural no que a nosa árbore das estacións puidese desfrutar da compaña do seu novo amigo "o señor copos".


E este foi o resultado!

21 diciembre 2011

ESTIVERON DE ANIVERSARIO ESTE 1º TRISMESTRE...

MIGUEL ANXO





E PABLO





MOITÍSIMAS FELICIDADES AOS DOUS POR ESES 4 ANOS!!!!

07 noviembre 2011

O OUTONO CHEGOU Á NOSA ESCOLA

Algo está a cambiar na paisaxe do noso entorno e decidimos saír a observar.




Moitas das árbores están a perder as súas follas.

Hai moitas no chan de diferentes formas, tamaños e cores que parecen formar un manto no chan. Observamos cómo son e recolectamos as que se ven máis enteiriñas.






Case todas son marróns ou amarelas.....as cores do outono!!!!





04 noviembre 2011

SESIÓN DE CONTOS NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 4º de Primaria agasállannos coa narración do conto "O MONSTRO" e fixérono especialmente ben ;)