10 febrero 2012

QUE PASA NO CEO?

Como xa sabedes, os nenos e nenas de 3 e 4 anos decidimos comezar un PROXECTO de investigación que titulamos “QUE PASA NO CEO?”.


A nosas insistentes preguntas no referente ao tempo, a chuvia, a neve, o sol… foron recollidas nun gran panel, e foron testigo dunha apaixoante investigación que conseguimos grazas á vosa colaboración familias.
O paso inicial foi achegar a información á aula para compartila cos compañeiros.



E xa obtivemos as primeiras respostas que deron lugar a algúns experimentos como:

...a construcción dun PLUVIÓMETRO



....ou a observación de como e por que se producen os estados da auga





Incluso realizamos medicións e rexistros.


Pero todo cun obxectivoo común....APRENDER!!!

30 enero 2012

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Esta celebración lémbranos un ano máis que a tolerancia, respecto e solidariedade son fundamentais para conseguir unha vida plena e satisfactoria.
Queremos facer un reclamo ó respecto polas diferenzas, porque as diferenzas fannos ser únicos dentro da nosa semellanza. Por iso o noso mural é unha composición de mandalas de diferentes cores pero cun mesmo significado:
"TODOS IGUAIS,TODOS DIFERENTES"
Así nos expresamos:






E así nos manifestamos:

17 enero 2012

O INVERNO

O final das vacacións de nadal da comezo ao inicio das clases.
Despois de compartir as nosas experiencias, agasallos e novidades decidimos volver ás nosas rutinas e quefaceres diarios e darlle a benvida ao inverno confecionando un mural no que a nosa árbore das estacións puidese desfrutar da compaña do seu novo amigo "o señor copos".


E este foi o resultado!

21 diciembre 2011

ESTIVERON DE ANIVERSARIO ESTE 1º TRISMESTRE...

MIGUEL ANXO





E PABLO





MOITÍSIMAS FELICIDADES AOS DOUS POR ESES 4 ANOS!!!!