30 marzo 2012
CUMPRIRON ANOS ESTE 2º TRIMESTRE
No mes de Febreiro:
ÁNGEL E ALEJANDRO MARTÍNEZ cumpriron 5 e 4 anos respectivamente
ELSA cumpriu 4 anos
E o mes de Abril:
ALEX LOMBA cumpriu 5 anos
PARABÉNS A TODOS!
20 marzo 2012
UN ZUME RICO RICO!!
Despois do noso primeiro contacto cos sabores, propuxémonos ampliar a nosa experiencia e trasladala ao campo culinario. Deste xeito elaboramos un zume de multifroitas no que mesturamos : fresas, kiwis, plátanos, laranxas, uvas, mazás...e moitas máis! Colaboramos en todo o proceso e axudámonos dunha licuadora para aproveitar ao máximo as froitas Pero o mellor de todo.....O resultado!!!!!mmmmmmmmmm rico, rico!!!
Etiquetas:
Alimentos,
Obradoiro de Cociña
13 marzo 2012
A QUE SABE...?
Sabemos que os alimentos son imprescindibles para poder medrar fortes e sans pero non sempre reparamos no seu olor, tacto ou sabor. Por iso quixemos pór a proba os nosos sentidos e adiviñar qué alimentos estabamos a ulir, tocar e degustar. O ácido (da laranxa e o limón),o amargo (do pomelo e chocolate negro), o doce (do chocolate e o plátano) e o salgado (das pipas), son os 4 sabores básicos que intentamos discriminar. Foi moi sinxelo adiviñar que alimento era pero non tanto o seu sabor.Pasámolo moi ben!e descubrimos alimentos que non coñecíamos coma o "pomelo"
17 febrero 2012
O ENTROIDO: XOGAMOS?
Para a celebración do Entroido, escollimos como temática "Os xogos de mesa" porque para aprender...en Espiñeira tamén xogamos!
Pola nosa parte, os nenos e nenas de E.I decidimos caracterizarnos de Parchís, con todos os seus utensilios: fichas, gobeletes, dados, taboleiros,...
E así nos paseamos polas rúas de Aldán!
Ademais, aproveitamos toda a semana de Entroido para disfrazarnos e achegar o humor ás aulas cantando e bailando vestidos de cociñeiros:

10 febrero 2012
QUE PASA NO CEO?
Como xa sabedes, os nenos e nenas de 3 e 4 anos decidimos comezar un PROXECTO de investigación que titulamos “QUE PASA NO CEO?”.

A nosas insistentes preguntas no referente ao tempo, a chuvia, a neve, o sol… foron recollidas nun gran panel, e foron testigo dunha apaixoante investigación que conseguimos grazas á vosa colaboración familias.
O paso inicial foi achegar a información á aula para compartila cos compañeiros.

E xa obtivemos as primeiras respostas que deron lugar a algúns experimentos como:
...a construcción dun PLUVIÓMETRO

....ou a observación de como e por que se producen os estados da auga

Incluso realizamos medicións e rexistros.

Pero todo cun obxectivoo común....APRENDER!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)