14 mayo 2012

BAILAMOS "NA PUNTA DO PÉ"

O noso primeiro concerto non podería ser mellor!! Viaxamos ata Moaña para asistir ao espectáculo do grupo Pesdelán que interpretou as cancións do seu disco "Na punta do pé".
Antes de comezar cargamos as pilas repoñendo forzas coa merenda e leite
e ao soar a música....
botámonos a bailar sen miramentos ata que nos cansaron os pés.

11 mayo 2012

XORNADA DE CROSS

Como cada ano, o noso colexio celebrou o Cross no que participaron os alumnos e alumnas do centro así como algúns pais e nais que se animaron a botar unha carreira.
Tras tanto deporte, recuperamos forzas cun bo bocadillo e auga fresquiña e, para finalizar,chegaron os desexados premios...
Grazas a todas e todos pola vosa participación!

04 mayo 2012

UNHA MERENDA MOI DOCE

Hoxe, Candela invitounos a todos a celebrar o seu 6º aniversario compartindo unha gran torta moi doce!!!
OS NOSOS PARABÉNS!!!

02 mayo 2012

EIQUÍ VEN O MAIO...

VESTIDO DE FLORES, PRA LLE DAR AS GRAZAS Á SEÑORA DOLORES...
EIQUÍ VEN O MAIO POLOS MUROS DA EIRA EIQUÍ VEN O MAIO AO COLE DE ESPIÑEIRA!
Éste é só un anaquiño da canción coa que percorremos as rúas de Aldán para celebrar a festa do "Maio". Previamente, os nenos e nenas de infantil elaboramos nos obradoiros fermosos colares de flores.
E nin tan sequera as mascotas se puideron resistir!!
E por suposto, para rematar a festa....música e moito baile!!

23 abril 2012

DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS ESCOLARES

Para celebrar este día tan especial, o alumnado de E.I fomos apadriñados polos nenos e nenas de primaria para contarnos a cadanseu afillado un conto. Viñéronnos buscar
Sentímonos seguros collidos das súas mans...
E con moita dozura agasalláronnos coa maxia dos contos.
Aínda que nós tamén nos animamos a lerlles contos aos maiores ;)