07 noviembre 2012

ANIVERSARIO MIGUEL

O AGRADIAZO DE HOXE FOI MIGUEL, POSTO QUE ESTABA DE ANIVERSARIO CUMPRINDO 3 ANOS.
PAPELOTE ENVIOUNOS OUTRA COROA QUE DECORAMOS CON MOITO GUSTO!


CON TANTO BISCOITO, NON DUBIDAMOS EN COMPARTILO CO RESTO DOS NENOS/AS DE INFANTIL.


SOPRAMOS AS VELAS...



 E A COMER!!!!



MOITAS FELICIDADES MIGUEL!!!

30 octubre 2012

XA SE ACHEGA O SAMAÍN - HALLOWEEN

Alumnos/as e profesores/as adicamos estas últimas semanas á confección de diferentes elementos decorativos para esta celebración:
Caveiras e esqueletes,




gatos de bruxa:


e un senfín de criaturas do máis variopinto:


E grazas a vós, familias, tamén contamos cunha estupenda exposición coa raíña destas festas... a CABAZA!!!


Xa están listos todos os preparativos para a gran festa SAMAÍN-HALLOWEEN!!!!
E ti?...Estás preparado/a????

PD: Se queredes saber máis sobre o Samaín, neste enlace poderedes atopar unha gran variedade de recursos, xogos, e videos informativos de gran interese:

24 octubre 2012

AO MAL TEMPO...

Hoxe durante o recreo tivo lugar unha tormenta de chuvia,  tronos e lóstregos!
Primeiro sorprendeunos a chuvia que mollou todo o patio.


Logo viñeron os tronos e lóstregos que chamaron a nosa atención e fixéronnos pasar un bo rato contemplando o que pasaba no ceo.


 Así que: AO MAL TEMPO...BOA CARA!

15 octubre 2012

ZAPATOS CON LUZ PROPIA

Hoxe na asemblea chamáronnos a atención os tenis de Mara.
Alumeaban de vez en cando e decidimos que Mara dera un paseiño para ver cando se acendían.
Alumeaban ao camiñar, pero sobre todo ao saltar!!


Logo comezamos a observar os nosos zapatos para ver se tamén tiñan luces e descubrimos que os tenis de Xiana tamén as tiñan!!

Apagamos a luces da clase, cerramos as persianas e pasámolo xenial vendo os "destellos" de luz dos seus zapatos.