13 marzo 2013

"COMER BIEN ES DIVERTIDO"

Hoxe, recibimos a visita de tres rapazas do proxecto "Comer bien es divertido" (en colaboración coa AECC, Asociación Española Contra o Cancro).


 Foi unha experiencia moi divertida que nos permitiu descubrir a procedencia  dos alimentos e algunhas das súas características tocándoos e manipulándoos...






observándoos...


 e xogando coa nosa creatividade



Tamén aprendemos que é importante seguir unha  alimentación equilibrada e facer alomenos 5 comidas diarias. Para iso, xogamos a elaborar algúns menús diarios



E a dicir verdade, non nos quedaron nada mal!! Mirade que variedade!!!

08 marzo 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, DÍA 8 DE MARZO DE 2013 non celebramos senón que.... REIVINDICAMOS!!!


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA



Visionamos algúns videos sobre a orixe e o porqué deste día.


Ademáis, o alumnado de 6º curso deleitounos cun conto versionado e animado por eles mesmos e unha canción en inglés moi representativa...


"WOMAN FOR AROUND THE WORLD"



Para saber máis: ver blog English Espiñeira

07 marzo 2013

BALEADAS

A saída deste 2º trimestre fixémola ata o Auditorio de Cangas onde tivo lugar a actuación de Traspediante coa súa obra "Baleadas".
Aquí tedes unha pequena introducción do que vimos:


Para saber máis podedes acceder ao seu blog no seguinte enlace : 

06 marzo 2013

24 FEBREIRO 2013: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU NA CONMEMORACIÓN DESTE DÍA RECITANDO O  POEMA "PARECE UNHA ROSA"
QUE GRANDES POETAS ESTAMOS FEITOS!!


Original Video - More videos at TinyPic

05 marzo 2013

A ONDE TEÑO QUE IR MERCAR?

Hoxe, Nicole tróuxonos un anaco de biscoito que fixo coa súa nai. Como estamos a traballar os alimentos aproveitamos para familiarizarnos con distintos postos que hai nos mercados: froitería, panadería, peixería,... e chegamos á conclusión de que se quixeramos mercar un biscoito como o dela teríamos que ir á panadería ou pastelería.
Por iso, escenificamos algúns xogos de rol facendo de panadeiros e clientes, e fixemos uso dalgúnS instrumentos para pesar, como a "balanza" e utilizamos "diñeiro" para poder mercar.





Pasámolo moi ben!!!