25 diciembre 2014

FELICES FESTAS!!!

O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESÉXAVOS...


ASÍ O CELEBRAMOS NO COLE!!!!

E COMO NON PODÍA FALTAR NESTAS DATAS,...UN CONTIÑO DE NADAL:

19 diciembre 2014

VAIA AVENTURA!!!!!

O 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESPRAZÁMONOS ATA VILLASOBROSO SEGUINDO AS PEGADAS DA HISTORIA. 
ALÍ ATOPAMOS UNHA FRAGA CHEA DE ÁRBORES E FROITOS DO OUTONO E UN CASTELO DO MÁIS MISTERIOSO E INTERESANTE. 
ESPERAMOS QUE GOCEDES DA NOSA AVENTURA COMA NÓS O FIXEMOS!!!

04 diciembre 2014

25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado martes 25 de novembro, o alumnado e profesorado do noso cole saímos ás rúas de Cangas a conmemorar este día tan importante. E fixémolo a través da coreografía da canción "Romper las cadenas" Así de ben o fixemos!!!!!
Pincha na imaxe para acceder ao video ou no seguinte enlace á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/603


24 noviembre 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O outono xa se está facendo notar nas paisaxes, o clima, a horas de luz,.... e non hai nada mellor para combatir un día chuvioso e de frío que cunhas boas castañas asadas e ben quentiñas!!!!!!
Así, o pasado venres 14, démoslle oficialmente a benvida ao outono coa festa do Magosto!
Os xogos tradicionais amenizaron a xornada e as esperadas castañas non tardaron en chegar!!

Aquí vos deixamos a poesía de Outono que estivemos a traballar!


                                          O OUTONO
 


VÉN A NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.




SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS
ESTREANDO FRIAXE.
         (Ana Mª Fernández)

09 noviembre 2014

ÚLTIMA HORA!!!

Esta semana recibimos a boa nova de sermos premiados no "Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación e participación da biblioteca escolar" no contexto do Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe)
Un recoñecemento moi ben acollido entre o preofesorado e que queremos compartir con toda a Comunidade Educativa, xa que todos e todas somos responsables directos deste premio. Grazas ao pofesorado, a vós as familias, á Biblioteca (como impulsadora do proxecto) a todas aquelas persoas que dalgunha maneira se involucraron, e en especial ao alumnado deste centro que investigou, estudou e experimentou o proxecto "As plantas"

A todos e todas Moitas grazas e parabéns!!!!!!!!!

Aquí vos deixamos un enlace coa noticia publicada no "Faro de Vigo":
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/11/05/espineira-planta-futuro/1125642.html