19 marzo 2018

Visita ao supermercado e obradoiro de cociña

Fai moi pouco propuxémonos convertirnos en auténticos cociñeiros e realizar un biscoito de iogur. Aproveitamos as moitas posibilidades que nos da a cociña para aprender e desfrutamos realizando cada un dos pasos necesarios para levalo a cabo.

Así que o primeiro paso foi coñecer a lista dos ingredientes necesarios e, para conseguilos... realizamos unha visita ao supermercado!! Alí tivemos que atopar todas as cousiñas que nos fixeran falta para o noso biscoito e poder poñernos mans á obra. Velaí van algunhas fotos nas que nos podedes ver comprando...

  

 






Unha vez conseguida a materia prima, chegou o momento de poñernos mans á obra... Así que fomos de cabeza á cociña para realizar o biscoito e, xa que estábamos, unhas deliciosas brochetas de froita que estaban riquísimas... e que non duraron nin un asalto!

Aquí estan os nenos e nenas de 5 anos...


 

 

  


E aquí os de 3 e 4:

   

  

  
    

  


E unha vez cociñado o biscoito, quedaba a mellor parte... comelo!!

 

   

  

Que aproveite!!! 

03 marzo 2018

Visita ó Parque do Castro de Vigo e ó teatro!

O pasado 19 de febreiro saímos do cole ben abrigad@s e list@s para pasar unha mañá diferente en Vigo. A primeira parada que fixemos foi no Parque do Castro, onde merendamos e gozamos dos seus espazos e das súas vistas! 😍














Unha vez deixamos atrás este lugar máxico e cheo de historia, puxemos rumbo ó teatro para desfrutar da obra "A nena e o grilo nun barquiño".


Chegamos ó cole moi ledos e con gañas de repetir a experiencia! 😃

02 enero 2018

O poder dos 3 Rs: reducir, reutilizar e reciclar!

Como toma de conciencia para protexer o noso planeta, puxemos en marcha este proxecto de traballo sobre "os tres Rs" dende comezo deste curso. Primeiro de todo comezamos elaborando as nosas papeleiras a partir de caixas de cartón, pintura (verde, azul e amarela) e recortes de revistas. Deste xeito, traballamos sobre que residuos botar en cada unha delas:


Reutilizamos distintos materiais para facer unha exposición de xoguetes sen necesidade de mercalos:








Probamos a nosa puntería:


E realizamos un mural representativo de como estaría o noso planeta se día a día tivéramos máis en conta O PODER DOS 3 Rs!