16 junio 2018

Saída final de curso: Granxa Kiriko!

E por fin chegou o día! A granxa Kiriko agardaba por nós!!! Así, montamos moi ledos no autobús e con grandes expectativas.

Chegamos á granxa con choiva, pero iso non supuxo un impedimento para pasalo realmente ben, xa que tiñamos gañas de aproveitar a estancia.

- Obradoiro de pan:










 - A casiña dos pavos:




 
- Invernadoiro:




 



- Comida:











- A vida na granxa:





























Polo que vedes, a choiva non impediu a nosa participación activa en todas as actividades que tiñamos previstas e incluso, ás veces, resultou un aliciente máis para a diversión!😉
 Desfrutamos moitísimo da experiencia!
 









11 mayo 2018

Tempo de sementar!

Chegou a primavera e con ela moitísimas actividades que facer no exterior!
Esta estación é a idónea para sementar e por iso decidimos plantar algunhas hortalizas e froitas. Así, puxémonos nos mans a obra e..., comezamos:

- Plantamos amorodos:






- Os de 5 anos decantámonos por plantar remolachas e os de 3-4 anos fixemos o propio coas nosas sementes de xudías:





Con motivo da Semana da Terra estrenamos o espazo da horta, para plantar nela, cabazas, xirasois, tomates, chícharos... e nunca nos cansamos. Xa somos uns e unhas expertas no proceso de plantación!







E tamén tivemos tempo para a festa! Desta maneira celebramos Os Maios de Aldán:





25 abril 2018

Telexornal da Espiñeira 2.0.

Este curso no cole houbo moitas novas e, con motivo da conmemoración da semana da prensa, quixemos facer un telexornal para achegarvos algunhas delas.

Evidentemente, isto só é un resumo das nosas inquedanzas, investigacións, vivencias, experiencias... xa que unha xornada de cole na Espiñeira dá para moito! Así que imaxinádevos case un curso.

Deixámosvos aquí o enlace: