26 enero 2011

A nosa canción para o día da Paz

E que mellor que miles de apertas para festexar o día da Paz!Os nenos e nenas do Ceip Espiñeira-Aldán imos representar esta canción incluida no Cd de " A nena e o Grilo" da editorial OQO. Esperamos que vos guste.

20 enero 2011

Canción do Corpo Humano



Esta é a canción preferida dos nenos e nenas de 3 e 4 anos por iso, decidimos gravar un vídeo para compartir con vos os nosos movementos de caderas. Esperamos que vos guste! Unha aperta!

19 enero 2011

Comezamos a traballar a PAZ

Estamos comezando a traballar o Día da Paz que será o vindeiro 30 de Xaneiro e que nos festexaremos na escola o día 28 con distintas actividades das que falaremos máis a diante entre as que podemos destacar unha carreira e unha tómbola solidaria.
Se premedes enrriba da imaxe atoparedes unha web con moita información e actividades en relación a este día para utilizar na aula e na casa.

Día da Ciencia

Despois de moito traballo todos os nenos e nenas da escola realizamos os nosos papaventos para festexar o día da ciencia. ¿ Por qué? porque é unha maneira de manifestar que esta asignatura pode darse en calquer idioma e por suposto tamén en galego. Os nenos e nenas de primaria investigaron sobre os distintos científicos e inventos galegos e por último como podedes ver nas imaxes todos xuntos probamos os nosos papaventos.

17 enero 2011

Xa chegou o Inverno

Os nenos e nenas de Educación Infantil escoitamos este conto para coñecer as características da estación na que nos atopamos: O Inverno.
Aqui vos deixamos o vídeo do conto por se queredes volver a velo na casa. Unha aperta!