23 abril 2012

DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS ESCOLARES

Para celebrar este día tan especial, o alumnado de E.I fomos apadriñados polos nenos e nenas de primaria para contarnos a cadanseu afillado un conto. Viñéronnos buscar
Sentímonos seguros collidos das súas mans...
E con moita dozura agasalláronnos coa maxia dos contos.
Aínda que nós tamén nos animamos a lerlles contos aos maiores ;)

13 abril 2012

UN PASEO POLA NATUREZA

A PRIMAVERA ESTANOS A DELEITAR COA FLORACIÓN DAS ÁRBORES QUE COMEZAN A TINGUIR A PAISAXE DE CORES, DESDE O VERDE E VERMELLO DAS FOLLAS ATA A VARIEDADE DE TONALIDADES DAS FLORES.
O PROFESOR XURXO ACOMPAÑOUNOS E ENSINOUNOS ALGUNHAS DAS ÁRBORES FROITEIRAS E ORNAMENTARIAS DO CONTORNO DO NOSO COLEXIO.
E INCLUSO RECIBIMOS A VISITA DUN BECHIÑO VOADOR QUE TAMÉN VIÑA NA BÚSQUEDA DAS FLORES: UNHA FERMOSA BOLBORETA AZUL!

30 marzo 2012

CUMPRIRON ANOS ESTE 2º TRIMESTRE

No mes de Febreiro: ÁNGEL E ALEJANDRO MARTÍNEZ cumpriron 5 e 4 anos respectivamente
ELSA cumpriu 4 anos
E o mes de Abril: ALEX LOMBA cumpriu 5 anos
PARABÉNS A TODOS!

20 marzo 2012

UN ZUME RICO RICO!!

Despois do noso primeiro contacto cos sabores, propuxémonos ampliar a nosa experiencia e trasladala ao campo culinario. Deste xeito elaboramos un zume de multifroitas no que mesturamos : fresas, kiwis, plátanos, laranxas, uvas, mazás...e moitas máis!
Colaboramos en todo o proceso e axudámonos dunha licuadora para aproveitar ao máximo as froitas
Pero o mellor de todo.....O resultado!!!!!mmmmmmmmmm rico, rico!!!

13 marzo 2012

A QUE SABE...?

Sabemos que os alimentos son imprescindibles para poder medrar fortes e sans pero non sempre reparamos no seu olor, tacto ou sabor. Por iso quixemos pór a proba os nosos sentidos e adiviñar qué alimentos estabamos a ulir, tocar e degustar.
O ácido (da laranxa e o limón),o amargo (do pomelo e chocolate negro), o doce (do chocolate e o plátano) e o salgado (das pipas), son os 4 sabores básicos que intentamos discriminar.
Foi moi sinxelo adiviñar que alimento era pero non tanto o seu sabor.Pasámolo moi ben!e descubrimos alimentos que non coñecíamos coma o "pomelo"