30 septiembre 2012

ANIVERSARIO CRISTIAN

O pasado 27 de setembro foi o aniversario de Cristian que cumpriu 3 aniños!!!
Ese día recibimos a carta da nosa mascota PAPELOTE!!!
PAPELOTE  ENVIOUNOS TAMÉN UNHA COROA QUE ENTRE TODOS DECORAMOS PARA CRISTIAN CON MOITO AGARIMO.
CANDO CHEGOU AO COLE CRISTIAN ALEGROUSE MOITO,LUCIU A SÚA COROA E CANTÁMOSLLE PARA CELEBRALO!

FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!!!

24 septiembre 2012

COMEZAMOS CON MOITAS GANAS!!

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS COMEZAMOS O CURSO!!!
DURANTE ESTES PRIMEIROS MESES TRABALLAREMOS PRINCIPALMENTE NA ADQUISICIÓN DE NORMAS, HÁBITOS E RUTINAS COMO:

COLGAR A MOCHILA E O MANDILÓN NO COLGADOIRO

ABOTOAR O MANDILÓN, NAMENTRES CANTAMOS "Botón, botón, botón; botón al agujero; botón botón, botón; ya sale el ratón!"


RECOLLER OS XOGUETES E OS MATERIAIS DESPOIS DE USALOS

E ORDENAR A FICHAS NO NOSO CASILLEIRO

E NA CASA GUSTARÍANOS SEGUIR PRACTICANDO TODAS AS QUE POIDAMOS!

ADEMAIS XA DESCUBRIMOS AS NOSAS DOTES ARTÍSTICAS CONFECIONANDO ESTE MURAL.
É A PRIMEIRA DAS MOITAS ACTIVIDADES QUE NOS ESPERAN NO COLEXIO, E DAS QUE VOS FAREMOS PARTÍCIPES A TRAVÉS DA NOSA WEB.

30 mayo 2012

BENVIDA FINA!!

O luns 28, recibimos no colexio a unha gran amiga e escritora de contos: FINA CASALDERREY! Con ela, aprendemos que das cousas máis pequenas da vida é das que máis temos que aprender e valorar. E que unhas das cousas máis valiosas da que gozamos é "A FORZA DAS PALABRAS". Palabras coas que facemos realidade os nosos desexos, ideas, sentimentos e gardamos SEGREDOS, segredos que non se poden contar. Aínda que as sabias verbas de FINA e a atención coa que a escoitamos xa non é ningún segredo :)

23 mayo 2012

DE ONDE VEÑEN OS CONTOS???

Durante o pasado mes, estivemos lendo contos dunha escritora moi querida: "Fina Casalderrey" Dende entón, puxémonos a buscar información sobre os contos e aprendemos que, ademais de historias, os libros esconden moita máis información coma: un Título, Editorial, Autor/a... Todos este datos, e máis, están recollidos nun gran mural que elaboramos con moito agaraimo!

17 mayo 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Este ano o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Valentín Paz Andrade: avogado, político, empresario, escritor, poeta e xornalista que defendeu, sobre tódalas cousas, a súa terra: Galiza!
Nas aulas aprendemos algunhas das súas facetas máis recoñecidas. E expuxemos os nosos traballos no corredor.
Podedes encontrar máis información na páxina web do colexio así como vídeos e xogos sobre o homenaxeado.