27 octubre 2013

25 OUTUBRO: ANIVERSARIO DE ESPIÑEIRIÑA

Tras recibir unha invitación polo aniversario de Espiñeiriña, as aulas de E.Infantil pensamos nuns agasallos especiais para ela.
A aula de 3-4 agasallámoslle cunha serie de postais de felicitación cos nosos mellores desexos:



E a aula de 4-5 escribimos unha poesía de outono do máis fermosa para Espiñeiriña:



O día do seu aniversario fixémoslle entrega dos agasallos que elaboramos e celebrámolo por todo o grande cun gran biscoito!!!
Para non perder detalle desta celebración, visitade o blog da nosa BIBLIOTECA

16 octubre 2013

UN CONTIÑO DE OUTONO


UNHA NOVA AMIGA!!!

Desde o pasado luns 14, acompañaranos en E.I a PROFE SARA que permanecerá con nós dúas semaniñas. Durante este tempo, esperamos compartir moitas aprendizaxes, emocións e experiencias novas!!

BENVIDA SARA!!


DAMOS A BENVIDA AO OUTONO!

A medida que pasan os días, o Outono xa se está deixando ver na paisaxe, e no tempo!!!

Ademais, tras visitar a Espiñeiriña, a nosa amiga pediunos axuda para montar o seu outono no colexio.
Así que, fomos recoller algunhas folliñas de outono para estampalas no mural.








Tamén estivemos coñecendo algúns froitos deste tempo; e proveitamos  para observalos, tocalos, ulilos e manipulalos, para non perder detalle.






07 octubre 2013

A BIBLIOTECA DE ESPIÑEIRIÑA!!

Este mes de outubro é O MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e por iso aproveitamos para facer a nosa primeira vsita oficial do curso.




Fíxonos moitísima ilusión, pois alí nos agardaba Espiñeiriña!!!( a mascota na nosa biblioteca)
Para saber máis sobre a nosa visita, podedes visitar o blogue da BIBLIOTECA facendo click! na imaxe de abaixo: