12 enero 2015
25 diciembre 2014
FELICES FESTAS!!!
O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESÉXAVOS...
ASÍ O CELEBRAMOS NO COLE!!!!
E COMO NON PODÍA FALTAR NESTAS DATAS,...UN CONTIÑO DE NADAL:
19 diciembre 2014
VAIA AVENTURA!!!!!
O 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESPRAZÁMONOS ATA VILLASOBROSO SEGUINDO AS PEGADAS DA HISTORIA.
ALÍ ATOPAMOS UNHA FRAGA CHEA DE ÁRBORES E FROITOS DO OUTONO E UN CASTELO DO MÁIS MISTERIOSO E INTERESANTE.
ESPERAMOS QUE GOCEDES DA NOSA AVENTURA COMA NÓS O FIXEMOS!!!
04 diciembre 2014
25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado martes 25 de novembro, o alumnado e profesorado do noso cole saímos ás rúas de Cangas a conmemorar este día tan importante. E fixémolo a través da coreografía da canción "Romper las cadenas" Así de ben o fixemos!!!!!
Pincha na imaxe para acceder ao video ou no seguinte enlace á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/603
Pincha na imaxe para acceder ao video ou no seguinte enlace á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/603
24 noviembre 2014
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O outono xa se está facendo notar nas paisaxes, o clima, a horas de luz,.... e non hai nada mellor para combatir un día chuvioso e de frío que cunhas boas castañas asadas e ben quentiñas!!!!!!
VÉN A NÓS O OUTONO
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
Así, o pasado venres 14, démoslle oficialmente a benvida ao outono coa festa do Magosto!
Aquí vos deixamos a poesía de Outono que estivemos a traballar!
| O OUTONO |
VÉN A NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS
ESTREANDO FRIAXE.
(Ana Mª Fernández)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)