05 diciembre 2015

UN OUTONO CON MOITO QUE VER!!

ESTE OUTONO ESTIVO CHEO DE EXPERIENCIAS!!

RECOLLEMOS O MILLO QUE SEMENTAMOS EN XUÑO, COLGÁMOLO A SECAR E DESCUBRIMOS COMO SE FACÍAN OS CHAMADOS "PALLEIROS".



DESPOIS DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NON PODÍA FALTAR O "MAGOSTO" COAS CASTAÑAS COMO PROTAGONISTAS DA FESTA!!



PARA PODER DEGUSTALAS MÁIS CÓMODAMENTE, CONFECCIONAMOS UNS CUCURUCHOS PERSONALIZADOS E UNHAS BOLSIÑAS COA TÉCNICA DA PAPIROFLEXIA.


QUEDARON PERFECTAS E DÉMOSLLES UN BO USO.

PAPELOTE, PEPA E PASCULA VISITAN AS NOSAS CASAS!!

TRAS COMPARTIR COAS NOSAS MASCOTAS AS VIAXES QUE REALIZAMOS DURANTE AS VACACIÓNS...


...AGORA VISITAN AS NOSAS CASAS, NON SÓ  PARA PASAR UNHA BOA FIN DE SEMANA CONNOSCO SENÓN TAMÉN  CON MÁIS INCÓGNITAS SOBRE OS LUGARES QUE VISITARON.




SODES UNS GRANDES INVESTIGADORES!!!! POIS, POUCO A POUCO, XA ESTÁN SENDO DESVELADOS OS SITOS E PAÍSES AOS QUE VIAXARON!!


E PESE A QUE PAPELOTE NON SE FOI DE VACACIÓNS CON PEPA E CON PASCUALA, SI QUE PUIDO DISFRUTAR DE GRANDES EXPERIENCIAS E VIAXES POLA CONTORNA XUNTO COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS!!!



26 noviembre 2015

APÚNTATE Ó BO TRATO!!!

Con motivo da Conmemoracion do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e nenos de Infantil quixemos tamén poñer o noso graíño de area para erradicala. Previamente, traballamos o tema na aula, creamos as nosas follas coa palabra VIDA (aula 3-4 anos) e AMOR (aula 4-5 anos) e tras ensaiar moito a nosa actuación..., xa estabamos preparados para o gran acontecemento!


"BO TRATO" Un motivo máis que merecido, para realizar a nosa primeira saída de curso 2015/2016, sendo para algúns/as, a súa primeira saída co "cole". Había nervios..., sobre todo nos principiantes, e moita ledicia xeneralizada!!! Así de contentos íamos no autobús:
 








Algunhas imaxes da nosa participación xunto ó resto do alumnado da escola, na representación feita a favor do "Bo trato", a ritmo da canción Happy de Pharrell Williams.





Así quedou a árbore anti-violencia e en prol do "bo trato", realizada polas nenas e nenos do C.E.I.P. Plurilingüe da Espiñeira! e que poderedes contemplar na praza "Eirado do Sinal" de Cangas.





31 octubre 2015

SAMAÍN-HALLOWEEN: TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDO!

Esta semana as aulas e corredores do CEIP Espiñeira fóronse enchendo de personaxes, cabazas e seres do máis terrorífico!!!


Tamén houbo unha morea de doces tan terroríficos coma deliciosos...


O alumnado de E.I. colaboramos confeccionando unhas simpáticas arañas!!










E festexamos este día cos nosos mellores disfraces!!


UN AGASALLO PARA ESPIÑEIRIÑA!!

O aniversario de Espiñeiriña era un dos acontecementos máis esperados desde o comezo de curso posto que tamén coincide coa, tan desexada, apertura da biblioteca do cole.

Non tardamos en recibir a carta de Espiñeiriña cunha petición de agasallo moi especial "un agasallo que lle axudará a viaxar polo mundo".


Como o alumnado de E.I. xa estamos metidos na temática das viaxes acordamos agasallarlle unha boa maleta e un medio de transporte do máis rápido e veloz!!!

A clase de 3 e 4 anos, tras recibir a invitación de "cumple", puxémonos mans a obra para elaborarlle a Espiñeiriña unha estupenda maleta indispensable para as súas viaxes!!!

Previo a súa elaboración..., primeiro fixemos unha choiva de ideas sobre para que empregaría cada un deles e delas unha maleta... do que saíron respostas como: "para as clases de música", "para viaxar", "para meter roupa",.... Logo, razonamos sobre o que podería meter ou non Espiñeiriña nunha maleta, co fin de realizarlle unha acorde as súas necesidades:

Tras isto... puxémonos a traballar:

1º) Cubrimos unha caixa de zapatos con papel de cociña, axudándonos con brochas, cola e auga:


2º) Pintámo-la caixa ó noso gusto:


3º) Creamos a tarxeta identificativa da maleta como precaución a un posible extravío. Nela incluimos por unha cara o nome e o enderezo, e pola outra, unha foto da "cumpleañera":


Encantados/as quedamos unha vez rematado o noso agasallo: "unha maleta súper práctica"!!!





E o alumnado de 4 e 5 deseñamos e elaboramos un avión do máis aerodinámico posible coas mellores aportacións de cada ún de nós.

Para o deseño traballamos en 2 grupos cooperativos, poñéndonos dacordo nas partes imprescindibles que debería ter o avión e no material de fabricación.


Seguidamente expuxemos as nosas ideas e debatimos sobre as mellores de cada equipo para unificalas nun proxecto único.

Finalmente puxémonos mans á obra e no recanto dos artistas fomos cofeccionando cada peza e montando o avión ata chegar a este máis que bo resultado!!




Que orgullosos quedamos do noso traballo!!!!