04 julio 2017
01 julio 2017
FESTIVAL DE FIN DE CURSO!
Tras moitos días de ensaio e saber moito sobre as eirugas de seda, chegou o momento da actuación! Algúns con máis nervos que outros, pero igual de entusiasmados de amosar o noso traballo ás familias e demais alumnado e profesorado do cole:
E aquí, os nenos e nenas que este curso deixamos as aulas de infantil para pasar a primaria. Que maiores nos facemos!!!
26 junio 2017
CHEGOU O DÍA... GRANXA APÍPOLIS, AQUÍ ESTAMOS!
A saída á Granxa Apípolis foi moi esperada por tod@s nós e por fin chegou o día! Sumerxidos no proxecto das abellas.... qué mellor que ver estas desde tan cerca e que os especialistas nos expliquen todo o que aportan estes bechiños á natureza (flores...) como ás persoas (alimentos, cera...).
Dunha maneira práctica, lúdica e moi divertida, fomos adquirindo novos coñecementos a través dos diferentes obradoiros e actividades nas que participamos.
Actividade 1: Obradoiro de elaboración de velas coa cera que fabrican as abellas e de obtención da mel tal e como chega a nosas casas.
Actividade 2: Elaboramos galletas de mel.
Actividade 3: Un contacontos do máis divertido!
Actividade 4: Visita ó museo das abellas.
Actividades 5: Imos ó apiario!!!
E para acabar a xornada... tocou momento de xogo e distensión en plena natureza!
Voltamos moi cans@s para o cole, pero á vez moi entusiasmad@s e felicides da experiencia vivida e do ben que o pasamos!!!
21 mayo 2017
E CHEGOU A PRIMAVERA...
BENVIDA resultou a entrada da primavera, xa que os nenos e nenas de infantil puidemos realizar múltiples experiencias en contacto coa natureza, observando a súa vez os cambios que experimentaba a nosa contorna.
Celebramos os maios cun gran obradoiro e saímos a lucir as nosas coroas, colares e pulseiras, feitas con pampillos, polas rúas da parroquia de Aldán.
Tamén tivemos tempo de plantar na nosa horta contruibuindo, un ano máis, ó mantemento e respecto do noso planeta con boas accións. Así, convertímonos en agricultores/as:
"Aquí sufrimos un pequeno imprevisto coa mangueira... que pronto solucionamos ; )"
Para observar as diferenzas no proceso de plantación, tamén empregamos un sementeiro que se atopa no corredoiro, xunto as nosas aulas. Cada día observamos a súa evolución e velamos polo seu mantemento. Só esperamos que o noso traballo dea os seus froitos : )
Por outro lado, xa brotaron as follas da moreira do cole e case ó mesmo tempo naceron as nosas eirugas, que xa teñen que comer! Co paso das semanas vanse facedendo máis grandes e estamos expectantes e atentos á súa evolución. Dispoñemos de luvas, lupas, follas de moreira... indispensable para garantizar un bo mantemento e, en consecuencia, a supervivencia dos bechos.
Nós continuamos aprendendo e realizando múltiples actividades e novas experiencias... Manterémosvos informad@s.
Ata a próxima!!!
04 mayo 2017
ESPECTÁCULO DE MAXIA
Como nos gusta tanto a maxia, decidimos apuntarnos a ver un gran espectáculo e iso foi o que resultou! O día 21 de abril un magnífico mago sorprendeunos cos seus múltiples trucos e fíxonos rir moito!!!
Algúns de nós tamén puidemos participar de cheo na realización de trucos de maxia e comprobamos a gran calidade destes.
Antes do "show" xogamos e merendamos polas instalacións do Colexio San Narciso de Marín, xa que foi no auditorio da mesma escola onde o mago nos deleitou coa súa actuación.
Sen dúbida algunha, queremos repetir unha experiencia similar!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























































