10 noviembre 2017

O outono na Espiñeira

Coa chegada do outono quixemos experimentar de primeira man os cambios que se dan na natureza nesta estación. É por iso que fixemos unha pequena saída polos espazos que rodean o noso cole, observando así directamente algúns dos sucesos e peculiaridades que caracterizan ao outono.

 
 
 

Detivémonos nas árbores do exterior, percatándonos de que hai algunhas ás que non se lle caen as follas e outras ás que si... Destas últimas, observamos as cores das follas, as súas formas, e divertímonos xogando con elas.



Ademais, aproveitando esta saída, fixemos unha pequena visita á charca, coñecendo así algúns dos novos seres que habitan nela.

 


Por outra banda, nesta estación tamén temos dúas grandes festas que, por suposto, non nos quixemos perder.

En primeiro lugar, festexamos o Samaín, enchendo o cole de cabazas moi chulas e comendo uns postres súper orixinais, que estaban de medo! Ademais, como veredes nas fotos, os nosos e as nosas compis de 5º e 6º contáronnos uns contos moi axeitados para esta data.



 

 
 


Xa para rematar esta semana tan completa, celebramos o Magosto. Neste día coñecemos algún que outro xogo popular e comemos castañas todos xuntos, polo que o outono quedou así máis que inaugurado. Aquí tedes algunhas fotos que o demostran...






Un saúdo e ata pronto!

10 octubre 2017

CAMBIOS NO COLE

O 11 de setembro comezamos un novo curso no cole e para algúns/as foi a nosa primeira vez nel. Así, os primeiros días houbo tempo para coñecernos ben, percibir os grandes cambios que fixemos nas aulas, e como non, investigamos cada recuncho do cole para comprobar o resto dos cambios!!!




Divertímonos moito facendo xogos cooperativos para coñecernos mellor. Que ben o pasamos!



Ademais, estreamos a nova aula de psicomotricidade...






...e o traballo coas dúas aulas de infantil comunicadas:







 
  Proximamente saberedes máis de nós e do que estamos a argallar 😀

 Un saúdo a tod@s e ata pronto!




07 septiembre 2017

A REUNIÓN INICIAL

Bo día!

Para todos aqueles ou aquelas que non poidestedes vir á nosa primeira reunión, deixámosvos aquí un breve resumo dos puntos máis importantes que abordamos.

Recordade que nas últimas diapositivas encóntrase o HORARIO DO PERIODO DE ADAPTACIÓN, algo fundamental para os nenos e nenas de 3 anos nos primeiros días.


04 septiembre 2017

O COMEZO DO NOVO CURSO

Boas!!

Despois dun largo verán no que poidemos descansar e coller forzas, xa estamos list@s para empezar o novo curso.
Así que para ir preparándonos citámosvos a todos e a todas mañá, martes 5 de setembro, ás 12:30 horas na biblioteca do noso cole!

Vémonos alí...
Un saudiño!!