09 septiembre 2018
Información da reunión inicial
Boas!
Como vos dixemos, deixamos á vosa disposición a información proporcionada na reunión inicial.
Podedes acceder á presentación amosada en dita reunión CLICANDO AQUÍ.
Recordade que ao final deste documento está todo o referido ao periodo de adaptación.
Saúdos!!
04 septiembre 2018
Reunión de inicio de curso
Bos días!!!
A volta ao cole xa é oficial: o vindeiro mércores 12 comezaremos as clases cos nenos e nenas, mais para ir preparando o inicio de curso realizaremos unha reunión informativa ESTE VENRES, DÍA 7, ÁS 12:30.
Esta xuntanza ten como fin aclarar algúns aspectos referidos a este novo curso, tanto para os nen@s de 3 anos (que realizarán o correspondente período de adaptación), como para os de 4 e 5 anos.
Para todos aqueles que non poidan asistir, colgaremos a información proporcionada nesta reunión no blogue, así que estade atent@s!!
Un saúdo e vémonos pronto.
28 agosto 2018
Graduación 2018
O alumnado de 6º de Educación Infantil celebrou o final dunha etapa moi bonita cun acto de graduación en condicións, onde non faltou un vídeo no que repasaron o seu paso e evolución ó longo destes anos en infantil, así como a entrega dun diploma de superación da etapa e o que dá a benvida a primaria.
Aquí, o vídeo homenaxe a este estupendo alumnado que se nos vai..., pero non moi lonxe 😀
Instantáneas de cada un dos nenos e nenas momentos antes da recollida de diplomas...
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO! SODES XENIAIS!
DESEXÁMOSVOS O MELLOR NESTA ETAPA QUE IDES COMEZAR EN BREVE!!!
DESEXÁMOSVOS O MELLOR NESTA ETAPA QUE IDES COMEZAR EN BREVE!!!
27 agosto 2018
REMATE DO PROXECTO DA AUGA
A piques de comezar un novo curso... imos recordar de que maneira rematamos este.
Como conclusión da nosa investigación sobre o mundo mariño realizada durante o 3º trimestre no cole, saímos ata a ría de Aldán para coñecer un dos traballos relacionados co mar máis típicos da costa galega, o marisqueo.
Moitísimas grazas ás mariscadoras por atendernos e ensinarnos cal é a vosa labor!
Tamén fixemos unha saída ás praias para comprobar de primeira man como a area de cada praia cambia con respecto ó grosor, forma, cor... e explicáronnos o porqué disto. Visitamos 3 praias: Areamilla, Praia "Das Cunchas" e a Praia do Medio.
Ademais, houbo tempo para facer unha parada xunto a lagoa de Massó e tamén para observar os seres que habitan nas pozas que o mar forma entre as rochas.
Con estas dúas saídas puxemos fin ó Proxecto da Auga que tanto deu de si durante case todo este curso 2017-2018.
Grazas ás familias pola vosa colaboración e aportacións (a través de exposicións vivenciais, impresos que nos enviáchedes, actividades suxeridas, charlas...).
Bo verán e deica pronto!
16 junio 2018
Saída final de curso: Granxa Kiriko!
E por fin chegou o día! A granxa Kiriko agardaba por nós!!! Así, montamos moi ledos no autobús e con grandes expectativas.
Chegamos á granxa con choiva, pero iso non supuxo un impedimento para pasalo realmente ben, xa que tiñamos gañas de aproveitar a estancia.
- Obradoiro de pan:
- A casiña dos pavos:
- Invernadoiro:
- Comida:
- A vida na granxa:
Polo que vedes, a choiva non impediu a nosa participación activa en todas as actividades que tiñamos previstas e incluso, ás veces, resultou un aliciente máis para a diversión!😉
Desfrutamos moitísimo da experiencia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























































