07 febrero 2017

TOD@S POLA PAZ!

A última semana de xaneiro dedicámola a promover accións pola Paz e comezámola cuns grans SORRISOS:








Continuamos coas APERTAS...




Houbo tempo para PIROPOS e tamén para MENSAXES SEGREDAS cheas de paz...



Participamos nun TROCO SOLIDARIO...




E non podía faltar, a realización da nosa particular pomba da paz cargada de palabras positivas!!!


Porque nós xa sabemos que...
"Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño"
Mahatma Gandhi

03 enero 2017

DESTINO: PONTEVEDRA!

O día 30 de novembro fomos de excursión a Pontevedra a ver a obra de teatro "De Fábula", e de fábula define perfectamente como o pasamos ese día.
Chegamos a Pontevedra moi contentos e con ganas de xogar!







Trala merenda e o rato de goce no parque da alameda de Pontevedra, dirixímonos ó teatro...

 
Estes foron os protagonistas da obra teatral "DE FÁBULA".


Voltamos para o cole con ganas de repetir a experiencia!!!

31 diciembre 2016

BENVIDO 2017!



Comezamos un 2017 con optimismo e moitas ganas de seguir aprendendo! Esperamos con ansias todo o que está por vir!!!

APERTAS!

26 diciembre 2016

SI Ó BO TRATO! BICOS!!!

O día 25 de novembro realizamos unha saída a Cangas cun motivo máis que xustificado: a loita contra a violencia de xénero e promoción do bo trato.

Para algúns e algunhas foi a primeira saída que realizaron co cole, e a expectativa e ilusión vivida foi máxima.


 Esta foi a nosa gran actuación!



E aínda tivemos tempo de merendar e pasalo moi ben no parque da alameda de Cangas:






Porque nós dicimos NON Á VIOLENCIA! e si ó BO TRATO! Así, mandámosvos moitos bicos saudables, agarimosos, redondos, de cores... e moito ánimo a aquelas persoas que xunto a nós loitan cada día contra este tipo de inxustizas. Xa que como ben dixo o gran Eduardo Galeano...

"Moitas persoas pequenas, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo".