30 abril 2022

SEGUNDO TRIMESTRE

 

SEGUNDO TRIMESTRE

Boas familias,

Que rapidiño pasa o tempo! Queda nada para rematar o curso e aquí enviamos un resumo de todas as actividades que fixemos no segundo trimestre, que deu para moito!

Retomamos en xaneiro o Proxecto dos Continentes nas nosas aulas onde cada grupo foi descubrindo, ao longo do trimestre, as maravillas que se agochan nos continentes que estabamos a explorar.











No Día Escolar da Paz e da Non Violencia, seguimos o Proxecto de Centro, coa actividade das Mil grullas, que adaptamos para os máis pequenos en forma de bolboretas e paxariñas. Ademáis, desde as aulas de Educación Infantil coñecemos a personaxes relevantes na loita pola paz. Como aprendemos!





 




Xa en febreiro tiñamos moito que celebrar. O día da nosa Rosalía sempre é moi especial, e aproveitamos este ano para versionar uns poemas da nosa gran escritora, en forma de Rap. Que ben o pasamos!














O Noso Entroido foi espectacular. Relacionando os nosos disfraces coa fauna e flora do noso patio, enchemos o noso cole de beleza, ledicia e moito bicherío!

















No día internacional da muller homenaxeamos a mulleres galegas e decidimos levar nas nosas roupas a fachenda de sermos... Galeg@s Tod@s!










Tamén quixemos celebrar o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor construindo un xoguete con materiais moi moi sinxelos. Ás veces non fai falta gastar moito para pasalo ben! 






Na semana da prensa, logo de traballar cos xornais, xogamos con eles, e vaia se xogamos! A instalación que preparamos foi un estímulo moi sorprendente para que os nosos exploradores e exploradoras disfrutaran do negro sobre branco.












E como nos encantan estas experiencias, repetimos cun Obradoiro de Luz Negra. Os nenos e nenas parecían feiticeiros e feiticeiras facendo maxia…como o disfrutamos!

















E chegamos ao fin do trimestre cun Obradoiro divertidísimo e moi saudable! Nos convertemos en cociñeiros e cociñeiras, elaborando as brochetas de froitas máis deliciosas da contorna, celebrando así, o noso especial Día Mundial da Saúde, que completamos ao día seguinte cunha manchea de xogos que fixemos no Pabillón. A chuvia non nos parou!

















O terceiro trimestre comeza coa Semana do Libro, un arranque espectacular para a recta final do curso!

Saúdos!

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario