02 julio 2022

FIN DE CURSO

 

Como cantan Uxía Lambona e a Banda molona, Xa está aquí o verán….xa acabamos o colexio…a divertirse todo o tempo! Aínda que en Espiñeira, xa nos divertimos todo o ano! E este fin de curso non podería ser menos. Aquí vos deixamos todo o que fixemos...., ou case todo!

Arrancamos o terceiro trimestre coa Semana do Libro. Para Infantil, o Apadriñamento Lector foi todo un éxito. Encántanos que nos lean os maiores! E o Mercado Solidario de Libros axudounos a levarlle unha manchea de comida á Protectora de Animais do Morrazo. Grazas Familias!






Nos maios démoslle ben á agulla e ao fío pero…que guapos e guapas quedamos!



En maio tamén recibimos a visita do Contacontos Boniface Ofogo, que nos contou moitas historias de África e sobre todo a historia do León Kandinga. Que luxazo!


Na Semana das Letras Galegas disfrutamos de varias actividades relacionadas coa cultura galega, ademáis das relacionadas coa vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán: plantar na horta, debullar millo, disfrutar de Curtas de Cine en Galego..., pero a mellor de todas foi a do Obradoiro de Cociña Tradicional Galega. que delicia! Qué ben cheiraba todo o cole mentres preparabamos Bandullo, Tarta de Santiago, Pan de millo corvo ou Bica. Papamos case todo! Pareciamos Cocorico.... Picotí Picotá!



E chegaron as saídas, a primeira, a da Fundación Laxeiro. Canto aprendemos de Arte Galega e vaia cadros grandes e chulísimos teñen alí. O pasamos xenial en Vigo!


Tamén fomos ao Correlingua. Cómo Cantamos e bailamos!! 



E por fin a Superexcursión de fin de curso: Apípolis! Aprendemos un montón ao tempo que o pasamos xenial cos monitores e monitoras da Granxa. Encantounos!



E xa os últimos tres días do cole, tolería de actividades: Cros Escolar, Saída á Praia e Obradoiros coas familias. Volver abrir as portas ás familias e contar coa súa colaboración foi o mellor desta recta final. Vaia remate de curso!











E non podemos esquecernos da Graduación dos nenos e nenas de 5 anos. Xa se fan moi maiores! Vos agardan moitos retos que superar e soños que cumplir na Primaria. Bo Camiño!


E despois de todo...FESTA RACHADA coas Familias na Carballeira!!! Vaia ROMERÍA, cun milleiro de emocións, despedímonos ata o ano que ben, pero tamén nos despedimos do Equipo Directivo que xa lle tocaba descansar. Grazas por todo compañeir@s!!!!!


E xa para rematar, moitísimas grazas, FAMILIAS, por este curso tan especial, onde empezamos en medio da pandemia aínda, pero rematamos cun pouquiño de normalidade, e onde puidemos xa, por fin, disfrutar de estar todos..... XUNTOS!!!.

BO VERÁN!

 

 

30 abril 2022

SEGUNDO TRIMESTRE

 

SEGUNDO TRIMESTRE

Boas familias,

Que rapidiño pasa o tempo! Queda nada para rematar o curso e aquí enviamos un resumo de todas as actividades que fixemos no segundo trimestre, que deu para moito!

Retomamos en xaneiro o Proxecto dos Continentes nas nosas aulas onde cada grupo foi descubrindo, ao longo do trimestre, as maravillas que se agochan nos continentes que estabamos a explorar.











No Día Escolar da Paz e da Non Violencia, seguimos o Proxecto de Centro, coa actividade das Mil grullas, que adaptamos para os máis pequenos en forma de bolboretas e paxariñas. Ademáis, desde as aulas de Educación Infantil coñecemos a personaxes relevantes na loita pola paz. Como aprendemos!





 




Xa en febreiro tiñamos moito que celebrar. O día da nosa Rosalía sempre é moi especial, e aproveitamos este ano para versionar uns poemas da nosa gran escritora, en forma de Rap. Que ben o pasamos!














O Noso Entroido foi espectacular. Relacionando os nosos disfraces coa fauna e flora do noso patio, enchemos o noso cole de beleza, ledicia e moito bicherío!

















No día internacional da muller homenaxeamos a mulleres galegas e decidimos levar nas nosas roupas a fachenda de sermos... Galeg@s Tod@s!










Tamén quixemos celebrar o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor construindo un xoguete con materiais moi moi sinxelos. Ás veces non fai falta gastar moito para pasalo ben! 






Na semana da prensa, logo de traballar cos xornais, xogamos con eles, e vaia se xogamos! A instalación que preparamos foi un estímulo moi sorprendente para que os nosos exploradores e exploradoras disfrutaran do negro sobre branco.












E como nos encantan estas experiencias, repetimos cun Obradoiro de Luz Negra. Os nenos e nenas parecían feiticeiros e feiticeiras facendo maxia…como o disfrutamos!

















E chegamos ao fin do trimestre cun Obradoiro divertidísimo e moi saudable! Nos convertemos en cociñeiros e cociñeiras, elaborando as brochetas de froitas máis deliciosas da contorna, celebrando así, o noso especial Día Mundial da Saúde, que completamos ao día seguinte cunha manchea de xogos que fixemos no Pabillón. A chuvia non nos parou!

















O terceiro trimestre comeza coa Semana do Libro, un arranque espectacular para a recta final do curso!

Saúdos!