28 febrero 2010

Proxecto Pirata


¡Moi Boas! ¡xa estamos de volta!

Nestes días poderedes atopar no lado esquerdo do noso blog un enlace onde poderedes ver todos aqueles proxectos e activdades que fixemos durante o primeiro trimeste como: o noso taller de cociña, a proxecto do corpo humano, a celebración de distintas festas como: samaín, nadal, o día dos dereitos humanos...

Neste novo trimestre os alumnos/as de 3 anos con axuda dos de 4 e 5 levaremos a cabo un proxecto chamado: "Somos Piratas" este proxecto foi elexido democráticamente polos nenos e nenas de tres anos de idade e por iso precisamos toda a vosa axuda e colaboración.

Para comezar precisamos que mandedes á nosa aula todas aquelas cousas que teñades na casa que poidan ser útiles para a nosa invesitgación a cerca dos piratas: roupas, sombreiros, contos, comics, debuxos...

Moitas Grazas

No hay comentarios:

Publicar un comentario