Hoxe á hora de ir á biblioteca atopámonos cunha gran sorpresa....
ESPIÑEIRIÑA!!!!!!!!!! case nunca se deixa ver polo cole pero hoxe tivemos sorte!! Ay que bonitiña é!!!
05 diciembre 2012
01 diciembre 2012
PROXECTO "O APALPADOR"
Esta semana estivo chea de sorpresas.
Grazas ás vosas primeiras aportacións compartimos a información co resto dos compañeiros e atopamos resposta a algunhas incógnitas.
O martes atopamos polo corredor do colexio a figura dun persoaxe, descoñecido ata o momento, que nos formulaba a seguinte cuestión : ¿QUEN SON?
Ao seu carón un sobre cunha mensaxe "Ver ordenador da profe Carmen"
E alí nos diriximos para descubrir un conto titulado "O Apalpador".
Comezamos así o primeiro proxecto de investigación do curso respondendo a "que sabemos" "que queremos saber" e "onde imos buscar a información" (neste último as familias representades un recurso especialmente importante).
Grazas ás vosas primeiras aportacións compartimos a información co resto dos compañeiros e atopamos resposta a algunhas incógnitas.
O proxecto xa está en marcha!!!!!!
23 noviembre 2012
POLA IGUALDADE DE XÉNERO
O vindeiro domingo conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Nós, adiantámonos á data e hoxe celebrámolo como mellor sabemos celebrar o que nos importa:
Contando un bo conto cun significado moi especial:

E cantando esta canción que o di todo:
Nós, adiantámonos á data e hoxe celebrámolo como mellor sabemos celebrar o que nos importa:
Contando un bo conto cun significado moi especial:
ROSA CARAMELO

E cantando esta canción que o di todo:
"SE ACABARON LAS LÁGRIMAS"
19 noviembre 2012
SEMENTAR, SEMENTAREI...
Despois de mes e medio desde a nosa plantación de landras
E do regadío semanal que facemos con moito agarimo
Por fin!! xa comezan a saír os primeiros xermolos...
Por fin!! xa comezan a saír os primeiros xermolos...
...en realidade ún, pero de seguro que non está só.
AY QUE ILUSIÓN!!!!!!!!
16 noviembre 2012
LARPEIROS/AS
Esta semana, o alumnado de E.I quixemos homenaxear á nosa querida castaña meténdonos "mans á masa" para cociñar unha "TORTA DE CASTAÑAS", non sen antes pasar polo supermercado xaquelogo non dispoñíamos de todos os ingredientes.
Unha vez revisados, puxémonos en camiño
E mercamos o que nos faltaba: ovos, fariña e azucre (xa que as castañas foron proporcionadas polas familias).
14 noviembre 2012
O OUTONO
Os nenos e nenas de E.I descubrimos o outono con tódolos sentidos e de tódalas maneiras
- manipulando e degustando froitos secos (texturas e sabores),
- confeccionando un mural do outono
- escoitando e bailando cancións tradicionais e clásicos da música
(fai clic nesta foto de VIVALDI para escoitar a música)
- e preparándonos para a gran festa do Magosto que celebramos por todo o alto cos nosos gorros e cornetes de castaña!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)