O martes atopamos polo corredor do colexio a figura dun persoaxe, descoñecido ata o momento, que nos formulaba a seguinte cuestión : ¿QUEN SON?
Ao seu carón un sobre cunha mensaxe "Ver ordenador da profe Carmen"
E alí nos diriximos para descubrir un conto titulado "O Apalpador".
Comezamos así o primeiro proxecto de investigación do curso respondendo a "que sabemos" "que queremos saber" e "onde imos buscar a información" (neste último as familias representades un recurso especialmente importante).
Grazas ás vosas primeiras aportacións compartimos a información co resto dos compañeiros e atopamos resposta a algunhas incógnitas.
O proxecto xa está en marcha!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario