O libro, "Palabras de Caramelo", adaptouse a cada ciclo para partir da historia dos seus protagonistas, Kori e Caramelo (un camelo) que reflicten a vida neses campamentos.
O día da paz, o alumnado de EI visionamos este video que resume moi ben este relato:
Aínda que cun final un pouco amargo, gustounos moito a súa historia e pintamos con moitas ganas a Jaima e as palabras fermosas de PAZ para o mural co que homenaxeamos a forza e afán de superación deste pobo.
O Día da Paz tamén lle fixemos oco á música e o baile: "Lovingkindness" (de Martin Luther King) e "Alegría" (de María Fumaça)....TODOS A BAILAR!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario