07 noviembre 2014

Samaín

   O xoves 30 de outubro celebramos o día do Samaín-Hallowen. Viñemos todos e todas disfrazados o colexio. Había pantasmas, monstros, vampiros, momias, ... e tamén moitas bruxas. Almorzamos todos e todas xuntos, grazas a eses postres tan ricos propios do día,  que trouxéstedes das vosas casas. Que saboroso estaba todo...mmmmm¡¡¡¡. Ademáis despois estivemos vendo curtos de animación e cantando cancións relacionadas coa celebración. Que medo pasamos algúns¡¡¡buuuuuuffff.
Os nenos e nenas disfrutaron moito neste día. Grazas por todo o que quixéchedes compartir con eles. Ah! e por suposto non poderemos olvidar esas cabazas tan terroríficas que axudástedes a confeccionar. Estaban moi orgullosos e orgullosas do seu traballo grazas a vós. Por moitas festas máis coma esta¡¡¡¡

1 comentario: