Como xa sabedes, o proxecto da "Prehistoria", que xa comezamos o pasado trimestre, está presente non só dentro das aulas senón tamén en moitas das actividades e celebracións do noso cole.
Como non podería ser doutra maneira, o alumnado de Educación Infantil protagonizaremos o Entroido caracterizados de "Prehistóricos"ou como mellor os coñecemos: "Trogloditas" e"Cavernícolas".
O pasado martes, organizamos no colexio un obradoiro de disfraces no que, profesorado e familias, elaboramos os traxes de entroido. Un gran traballo en equipo!!!!!!
Xa só falta o
último paso: coser!!! A continuación, intentaremos explicar, en sinxelos pasos, como facelo.
No interior da
bolsa, que vos enviamos, atoparedes 2 pezas de tela para o vestido e outras dúas, máis pequenas,
para as botas.
Elaboración do vestido:
1º) Collemos as
dúas pezas do vestido colocando unha sobre a outra pola parte do pelo.
2º) Cosemos a man ou
a máquina por onde se indica na tela. Non esquezades comprobar que a
tela se axusta ásmedidas do voso/a fillo/a.
3º) Por
último, podemos dar forma á parte inferior do vestido recortando a tela en
zig-zag ou en picos.
Elaboración das botas:
1º) Dobramos a
peza de tela deixando o pelo na parte interior.
2º) Cosemos
polo borde por onde se indica na seguinte foto:
3º) Finalmente,
na parte inferior é recomendable colocar unha goma elástica para axustar a bota
ao pé do neno/a. Tamén se pode colocar outra na parte superior da bota para
axustala á perna.
O resultado final sería o seguinte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario