O pasado xoves 5 de marzo, realizamos unha saída a Pontevedra onde vivimos un montón de experiencias.
Primeiro, visitamos o museo do café moderno, realizando un percorrido por algunhas obras pictóricas de Picasso, Miró, Dalí e Barceló. Familiarizámonos con distintas técnicas como a composición con puzzle, collage, e especialmente coa técnica do gravado que puxemos en práctica no obradoiro de arte.
Despois dunha pausa para merendar, dirixímonos ao teatro para asistir á obra de títeres "Os Narigudos"
Chegamos agotados!!! pero con moitas cousas que contar e seguir a experimentar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario