Espiñeiriña xa había uns días que nos enviara unha carta felicitándonos pola nosa investigación no proxecto da "Prehistoria" e premiounos cun xogo de pistas que nos conduciría cara un premio moi apetitoso...unha gran merenda en plena natureza!!
Antes de comezar a aventura, Espiñeiriña retounos a investigar sobre o millo e os muíños.
Para documentarnos mellor visitamos aos que máis saben sobre o millo...o alumnado da idade moderna.
O día da saída foi moi emocionante, e tivemos uns grandes coñecedores e guías; grazas Luis e Reyes por acompañarnos nesta gran aventura!!
Una selva de camino!
ResponderEliminarAinda se lembra de todo pero o mellor recordo é o pan de millo con chocolate. ;)
ResponderEliminar