Na clase de 3 e 4 anos, comezamos a aprendizaxe sobre o corpo humano expoñendo primeiro as ideas previas e logo trasladamos estas á silueta que fixemos... coa nosa compañeira Ángela como voluntaria:
En todo este
proceso de procura de información e realización posterior de actividades, fomos adquirindo
novos conceptos... e hoxe xa sabemos máis sobre o corpo humano e as súas partes!!
De cara a adquirir conciencia do noso corpo… medímonos, pesámonos, fixemos a nosa pegada dactilar…,
para completar así a nosa ficha identificativa!!!
Tamén tivemos
tempo para xogar á vez que aprendíamos!!!
(Un compañeiro
pasoulle a pelota a Aleixo dándolle a instrución de que debía poñela na cabeza).
Pero non só
traballamos as partes externas… tamén nos deu tempo a investigar un pouco sobre
as partes internas do corpo.
Ademais, unha das nosas compañeiras trouxo libros de consulta… e tamén un quebracabezas que puidemos
construír entre todos/as e aprender algúns nomes de ósos que conforman o noso
esqueleto humano! Moitas grazas!!!
Na clase de 4 e 5, atopámonos cuns novos amigos que espertaron aínda máis a nosa curiosidade!!!!
Formamos os equipos cooperativos: Equipo "superz" e "supergominola", puxémoslles nome a estes novos membros da clase: "Señor huesitos" e "Señor Asquerosito" e comezamos a investigación na busca de respostas sobre os nosos interrogantes.
Acudimos á biblioteca na procura de libros de consulta sobre o corpo e montamos na aula un pequeno recanto no que plasmar toda a información atopada.
En equipo, repartimos os roles e tarefas, tomamos decisións, buscamos e seleccionamos a información necesaria, escribimos os descubrimentos e expoñemos o aprendido ao resto dos/das compañeiros/as.
Un gran traballo no que todos compartimos e gozamos da aprendizaxe e os descubrimentos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario