"E ti, de onde vés sendo?" foi o lema do cole á hora de celebrar o noso particular entroido. Os nenos e nenas de educación infantil, unha vez preparados, saímos de rus@s a ritmo da nosa tradicional canción, "Kalinka", posicionados na cabeza do desfile realizado polas rúas da parroquia!
Foi un entroido multicultural, onde nos xuntamos persoas de distintas nacionalidades (rusos/as, hindúes, mexicanos/as, estadounidenses e chinos/as), e todo isto cun motivo esencial: PASALO XENIAL, cantando, bailando... e degustando riquísimos doces!!!
Pero a festa non rematou aí... o entroido continuou o día seguinte nas aulas de Infantil. Viñemos cos nosos mellores atuendos! Estábamos moi guap@s!!!
"Caperucita" trouxo na súa cesta doces para tod@s! Moitas grazas!!!
Para rematar, fixemos un obradoiro sobre o entroido (caretas, debuxos, poemas...) xunto cunha particular festa que incluíu... visionado de animacións que tiñan como tema estas festas e música apropiada para celebrar estas datas!
Agora, e se o tempo acompaña... imos gozar dos días de entroido coas nosas familias!!!
QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!
Parabéns a todos e todas por formar un desfile do entroido tan variado e lucido! Iso si, supoño que foi un traballón..., pero mereceu a pena, pois as fotos amosan o ben que o pasastes. Ademais, creo que foi a único día bo para saír a celebrar o entroido...
ResponderEliminar;)