O mes de abril estivo cheo de acontecementos e de actividades no exterior... e iso debeuse a tregua que nos deu o tempo coa chegada da primavera. Polo que aproveitamos os días soleados para gozar e xogar no parque...
Carreira de caracois: cal chegará antes á meta?
Que nervios!
...plantar unha das nosas froitas preferidas converténdonos en grandes agricultores/as, xa que íamos coa lección aprendida de todo o proceso de cultivo.
Non obstante, tamén trouxemos das nosas casas sementes e plantas varias co propósito de contribuír á mellora do planeta, cadrando coa conmemoración do día da TERRA: porque con pequenas aportacións podemos facer grandes cousas en prol da natureza!!!
E para dar a benvida ó mes de maio, celebramos os Maios facendo uso da tradicional festa que dende hai moitos anos, vense celebrando na parroquia de Aldán.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoitas grazas por amosar todas as actividades que realizades!! A verdade é que a primavera e o bo tempo permite facer actividades no exterior coas que os nenos e nenas aprenden e gozan moito!! Sei de algunha que coa carreira de caracois, que lle encantan, tivo que pasalo de medo ;) Parabés!!
ResponderEliminar