02 noviembre 2016

RETO DE ESPIÑEIRIÑA: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Un luns, ó chegar ó cole, atopamos xunto ás mascotas da clase unha carta dirixida a nós de parte da mascota do cole... Nela, Espiñeiriña contounos que este ano non puido ir de vacacións arredor do mundo como fora o verán pasado... Polo que se quedou na Espiñeira, e ela mesma sorprendeuse do ben que finalmente o pasou grazas ós novos amigos que fixo na charca.

Coa carta, mandounos tamén, unha serie de adiviñanzas para ver se dabamos co nome dun dos amigos ou amigas que fixo este verán e co/a cal viviu grandes aventuras.



Tras ler a carta e a primeira adiviñanza, decatámonos de que tiñamos que ir ata a charca, porque alí recibiríamos máis información para afrontar este reto...!






Tan só nos bastaron 3 adiviñas para telo claro... o becho que se fixera moi amigo de Espiñeiriña era o Verme de seda! Polo que decidimos facerlle un verme ben grande para agasallarlle a Espiñeiriña no seu 13º aniversario

















2 comentarios:

  1. Pois despois de todo o que acabo de leer, creo que o reto está máis que superado! O mural do Verme de seda é precioso! Parabéns tanto aos nenos e nenas coma ó profesorado!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Sonia! Aínda que con certas dúbidas ó principio, despois foi pan comido para elas/es :-)

      Eliminar