10 marzo 2017

BICHERÍA NA ESPIÑEIRA

A temática do noso entroido este ano foi sobre os BECHOS, e os de infantil fomos tod@s de BOLBORETAS.

Nós participamos na elaboración do disfrace cuxa base era de material de refugallo. Logo, decorámola con pintura e goma Eva para adornala e que collera feitura de bolboreta.


Contentos co resultado, o día 24 de febreiro saímos a lucir os nosos atuendos polas rúas de Aldán, ó ritmo das gaitas por un lado, e polo outro, gozando dos sons carnavaleiros que dende o seu coche nos emitía DJ Valente.






A foto da bichería xunta non podía faltar á chegada ó cole:


Tamén tivemos tempo para os doces típicos de entroido elaborados polos nosos familiares! Moitas grazas!!! Un carnaval sen larpeiradas non sería o mesmo!



Ah, tamén queremos ensinarvos os guap@s que estabamos o día anterior, onde cada un/ha de nós foi disfrazado do que quixo.


Con obradoiro de caretas incluído:



Como nos gustan estas festas e que pronto acabaron!

Ata a próxima!!!


2 comentarios:

  1. Vaia bolboretas tan lucidas!! Parabéns pola idea da temática e sobre todo por facer os disfraces entre todos e todas. Ten moito máis valor. Seguiree moi atenta ó seguinte post e á seguinte festa!! 🦋😊😊🦋

    ResponderEliminar