Boas familiaaaaas! 😊
Xa estamos de volta nun novo curso e, a estas alturas, metidiños metidiños en mil e unha aventuras...
Comezamos en setembro xa polo alto, cunha saída ao FIC de Bueu, onde desfrutamos de varias curtas moi entretidas, educativas e divertidas. Un luxo de saída que rematamos desfrutando do estupendo diazo na praia!!!
Continuamos os
proxectos das aulas retomando arredor do último do ano anterior: Os Continentes, un tema moi quentiño para todo o alumnado
porque hoxe en día… a Terra está que arde!
O outono sempre trae ás nosas paisaxes unhas cores incribles e unhas sensacións refrescantes despois do caluroso verán. O noso patio natural pasa do amarelo seco ao amarelo, marrón, vermello ou verde outono.
Ademais de actividades xerais, este ano desfrutamos dunha actividade especial: construimos unha INSTALACIÓN OUTONAL na sala de psicomotricidade, canta emoción, diversión e creatividade!!! Unha experiencia estupenda!!! Seguro que repetiremos!!!
Xa dende o lado artístico, todo o Centro estamos a traballar a Yayoi Kusama, e o levamos ata límites insospeitados: cabazas, clases, corredores…, todo o Cole decorado!!! Canto arte a partir dun simple círculo!!!! Bravo polos nosos nenos e nenas..., e por vós, familias!!!!
Acabamos de celebrar o Samaín-Halloween, con moitas actividades...
O seguinte que celebraremos será o Magosto…que ganas de xogos e castañas!!!
Xa vos iremos contando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario