09 noviembre 2014

ESPIÑEIRIÑA VISITA A NOSA CLASE!!

Espiñeiriña, como boa anfitriona do colexio, quixo recibir persoalmente ao alumnado de 3 anos!!! e invitalos a coñecer a biblioteca. 



Este xoves, comezamos o primeiro préstamo de libros!!! fíxonos moitísima ilusión!!!
Pero antes, xunto con Belén (membro do Equipo de Biblioteca) consensuamos algunhas normas que consideramos importantes para a Biblioteca. Pasámolo moi ben! e estamos desexando volver a próxima semana.


07 noviembre 2014

Samaín

   O xoves 30 de outubro celebramos o día do Samaín-Hallowen. Viñemos todos e todas disfrazados o colexio. Había pantasmas, monstros, vampiros, momias, ... e tamén moitas bruxas. Almorzamos todos e todas xuntos, grazas a eses postres tan ricos propios do día,  que trouxéstedes das vosas casas. Que saboroso estaba todo...mmmmm¡¡¡¡. Ademáis despois estivemos vendo curtos de animación e cantando cancións relacionadas coa celebración. Que medo pasamos algúns¡¡¡buuuuuuffff.
Os nenos e nenas disfrutaron moito neste día. Grazas por todo o que quixéchedes compartir con eles. Ah! e por suposto non poderemos olvidar esas cabazas tan terroríficas que axudástedes a confeccionar. Estaban moi orgullosos e orgullosas do seu traballo grazas a vós. Por moitas festas máis coma esta¡¡¡¡

Aniversario de Espiñeiriña

   O pasado día 24 de outubro(día das bibliote-cas) celebramos no colexio o 11 aniversario de Espiñeiriña.
   Os nenos e nenas do colexio decidiron facerlle un agasallo moi especial. Entre todos compoñemos un "poema cooperativo":

     "Espiñeiriña, Espiñeiriña,
      como estás de aniversario
      temos torta e agasallo(pareado de 3 anos),
      as nosas voces van soar,
      e as once velas vas soprar(pareado de 4 e 5 anos)..."(podedes velo nas fotos).

   Xuntámonos na biblioteca e alí compartiu connosco unha reportaxe das súas vacacións, e contounos que estivo de "viaxe polo tempo" e visitou moitos lugares en épocas diferentes. Ata fixo un cartafol moi bonito para que tivéramos unha lembranza¡¡¡. Tamén dimos a benvida os nenos e nenas novos, e os que aíndan non tiñan o seu carné da biblioteca. E por suposto soprou as velas. Que desexo pediría?... Comemos a súa torta no patio e despois deu comezo a feira do libro. Moitas grazas pola vosa participación. Foi un día moi especial¡¡¡

  
  

24 octubre 2014

NORMAS DE AULA!!

Na clase de 3 anos, estes primeiros meses de curso están sendo especialmente importantes para o establecemento de hábitos, rutinas e normas da clase. Por iso, entre todos, participamos na súa elección e copromometémonos no seu cumplimento.



07 octubre 2014

DE EXCURSIÓN POLO COLE!

Para coñecer mellor o noso cole, non dubidamos en realizar un percorrido polo seu interior...



...e tamén polos seus arredores


Aproveitamos a saída para apañar unhas landras e visitar uns animaliños moi curiosos e simpáticos