29 enero 2015

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO!!!

Como xa sabedes, o proxecto da "Prehistoria", que xa comezamos o pasado trimestre, está presente non só dentro das aulas senón tamén en moitas das actividades e celebracións do noso cole. 
Como non podería ser doutra maneira, o alumnado de Educación Infantil protagonizaremos o Entroido caracterizados de "Prehistóricos"ou como mellor os coñecemos: "Trogloditas" e"Cavernícolas".

O pasado martes, organizamos no colexio un obradoiro de disfraces no que, profesorado e familias, elaboramos os traxes de entroido. Un gran traballo en equipo!!!!!!

Xa só falta o último paso: coser!!! A continuación, intentaremos explicar, en sinxelos pasos, como facelo.
No interior da bolsa, que vos enviamos, atoparedes 2 pezas de tela para o vestido e outras dúas, máis pequenas, para as botas.


Elaboración do vestido:
1º) Collemos as dúas pezas do vestido colocando unha sobre a outra pola parte do pelo.
2º) Cosemos  a man ou  a máquina por onde se indica na tela. Non esquezades comprobar que a tela se axusta ásmedidas do voso/a fillo/a.

3º) Por último, podemos dar forma á parte inferior do vestido recortando a tela en zig-zag ou en picos.


Elaboración das botas:
1º) Dobramos a peza de tela deixando o pelo na parte interior. 
2º) Cosemos polo borde por onde se indica na seguinte foto:
3º) Finalmente, na parte inferior é recomendable colocar unha goma elástica para axustar a bota ao pé do neno/a. Tamén se pode colocar outra na parte superior da bota para axustala á perna.         



O resultado final sería o seguinte:



12 enero 2015

25 diciembre 2014

FELICES FESTAS!!!

O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESÉXAVOS...


ASÍ O CELEBRAMOS NO COLE!!!!

E COMO NON PODÍA FALTAR NESTAS DATAS,...UN CONTIÑO DE NADAL:

19 diciembre 2014

VAIA AVENTURA!!!!!

O 3 DE DECEMBRO, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESPRAZÁMONOS ATA VILLASOBROSO SEGUINDO AS PEGADAS DA HISTORIA. 
ALÍ ATOPAMOS UNHA FRAGA CHEA DE ÁRBORES E FROITOS DO OUTONO E UN CASTELO DO MÁIS MISTERIOSO E INTERESANTE. 
ESPERAMOS QUE GOCEDES DA NOSA AVENTURA COMA NÓS O FIXEMOS!!!

04 diciembre 2014

25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado martes 25 de novembro, o alumnado e profesorado do noso cole saímos ás rúas de Cangas a conmemorar este día tan importante. E fixémolo a través da coreografía da canción "Romper las cadenas" Así de ben o fixemos!!!!!
Pincha na imaxe para acceder ao video ou no seguinte enlace á web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/603