07 diciembre 2015

DESCUBRINDO O CORPO HUMANO

O noso corpo é un dos temas máis próximos e á vez enigmáticos cheo de interrogantes para nós.

Na clase de 3 e 4 anos, comezamos a aprendizaxe sobre o corpo humano expoñendo primeiro as ideas previas e logo trasladamos estas á silueta que fixemos... coa nosa compañeira Ángela como voluntaria:



En todo este proceso de procura de información e realización posterior de actividades, fomos adquirindo novos conceptos... e hoxe xa sabemos máis sobre o corpo humano e as súas partes!!




De cara a adquirir conciencia do noso corpo… medímonos, pesámonos, fixemos a nosa pegada dactilar…, para completar así a nosa ficha identificativa!!!


Tamén tivemos tempo para xogar á vez que aprendíamos!!!

(Un compañeiro pasoulle a pelota a Aleixo dándolle a instrución de que debía poñela na cabeza).

Pero non só traballamos as partes externas… tamén nos deu tempo a investigar un pouco sobre as partes internas do corpo. 


Ademais, unha das nosas compañeiras trouxo libros de consulta… e tamén un quebracabezas que puidemos construír entre todos/as e aprender algúns nomes de ósos que conforman o noso esqueleto humano! Moitas grazas!!!



Na clase de 4 e 5,  atopámonos cuns novos amigos que espertaron aínda máis a nosa curiosidade!!!!



Pronto comezaron as preguntas sobre eles, e as ganas de exploralos e coñecer todas as súas partes.

Formamos os equipos cooperativos: Equipo "superz" e "supergominola", puxémoslles nome a estes novos membros da clase: "Señor huesitos" e "Señor Asquerosito" e comezamos a investigación na busca de respostas sobre os nosos interrogantes.


Acudimos á biblioteca na procura de libros de consulta sobre o corpo e montamos na aula un pequeno recanto no que plasmar toda a información atopada.

En equipo, repartimos os roles e tarefas, tomamos decisións, buscamos e seleccionamos a información necesaria, escribimos os descubrimentos e expoñemos o aprendido ao resto dos/das compañeiros/as.

Un gran traballo no que todos compartimos e gozamos da aprendizaxe e os descubrimentos!!


05 diciembre 2015

UN OUTONO CON MOITO QUE VER!!

ESTE OUTONO ESTIVO CHEO DE EXPERIENCIAS!!

RECOLLEMOS O MILLO QUE SEMENTAMOS EN XUÑO, COLGÁMOLO A SECAR E DESCUBRIMOS COMO SE FACÍAN OS CHAMADOS "PALLEIROS".



DESPOIS DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NON PODÍA FALTAR O "MAGOSTO" COAS CASTAÑAS COMO PROTAGONISTAS DA FESTA!!



PARA PODER DEGUSTALAS MÁIS CÓMODAMENTE, CONFECCIONAMOS UNS CUCURUCHOS PERSONALIZADOS E UNHAS BOLSIÑAS COA TÉCNICA DA PAPIROFLEXIA.


QUEDARON PERFECTAS E DÉMOSLLES UN BO USO.

PAPELOTE, PEPA E PASCULA VISITAN AS NOSAS CASAS!!

TRAS COMPARTIR COAS NOSAS MASCOTAS AS VIAXES QUE REALIZAMOS DURANTE AS VACACIÓNS...


...AGORA VISITAN AS NOSAS CASAS, NON SÓ  PARA PASAR UNHA BOA FIN DE SEMANA CONNOSCO SENÓN TAMÉN  CON MÁIS INCÓGNITAS SOBRE OS LUGARES QUE VISITARON.




SODES UNS GRANDES INVESTIGADORES!!!! POIS, POUCO A POUCO, XA ESTÁN SENDO DESVELADOS OS SITOS E PAÍSES AOS QUE VIAXARON!!


E PESE A QUE PAPELOTE NON SE FOI DE VACACIÓNS CON PEPA E CON PASCUALA, SI QUE PUIDO DISFRUTAR DE GRANDES EXPERIENCIAS E VIAXES POLA CONTORNA XUNTO COS NENOS E NENAS DE 3 ANOS!!!