29 marzo 2016

SAÍDA Ó TEATRO: "O LOBO E A LÚA"

Na recta final do segundo trimestre, realizamos unha saída ó auditorio de Cangas para ver unha obra teatral. Con moitas ganas subímonos no autobús para tomar rumbo ó noso destino...


Previo á obra, decidimos aproveitar os raios de sol e merendar no parque. Pasámolo xenial!!!




E xa máis relaxados..., estábamos preparados para gozar da obra teatral O lobo e a Lúa.



Resultounos do maís entretida e rimos moitísimo coas tolerías dos seus protagonistas!


04 marzo 2016

UNHA VISITA TOTALMENTE INESPERADA!!!

Este trimestre as nenas e nenos de educación infantil recibimos unha visita moi especial de alguén a quen queremos moitísimo, foi a da PROFE LAURA, a cal apareceu de súpeto e sen nós saber nada de que viña!

Viu con boas novas!!! Ensinóunos á pequena Daniela nunha das súas primeiras instantáneas tomadas durante a ecografía!


Estaba moi feliz e ambas clases de infantil degustamos os riquísimos doces que a profe Laura quixo compartir con todos nós. Moitísimas grazas!!!

ESPERAMOS TER MÁIS VISITAS ASÍ!!!

UNHA GRAN APERTA!


08 febrero 2016

TEMPO DE ENTROIDO!!!


"E ti, de onde vés sendo?" foi o lema do cole á hora de celebrar o noso particular entroido. Os nenos e nenas de educación infantil, unha vez preparados, saímos de rus@s a ritmo da nosa tradicional canción, "Kalinka", posicionados na cabeza do desfile realizado polas rúas da parroquia!


Foi un entroido multicultural, onde nos xuntamos persoas de distintas nacionalidades (rusos/as, hindúes, mexicanos/as, estadounidenses e chinos/as), e todo isto cun motivo esencial: PASALO XENIAL, cantando, bailando... e degustando riquísimos doces!!!





Pero a festa non rematou aí... o entroido continuou o día seguinte nas aulas de Infantil. Viñemos cos nosos mellores atuendos! Estábamos moi guap@s!!!


"Caperucita" trouxo na súa cesta doces para tod@s! Moitas grazas!!!


Para rematar, fixemos un obradoiro sobre o entroido (caretas, debuxos, poemas...) xunto cunha particular festa que incluíu... visionado de animacións que tiñan como tema estas festas e música apropiada para celebrar estas datas!




Agora, e se o tempo acompaña... imos gozar dos días de entroido coas nosas familias!!!

QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!

19 enero 2016

COMO AFRONTAR UNHA EVACUACIÓN?

Hoxe recibimos a visita duns profesionais membros da Protección Civil de Cangas, e botando man das personaxes da "Patrulla Canina", explicáronnos como actuar ante unha situación de emerxencia na escola. Nós estivemos moi atentos e atentas, pois logo faríamos un simulacro...

E así de ben o fixemos:

Unha vez a salvo, amosamos a nosa ledicia polo traballo ben feito....


  e pintamos uns debuxos relacionados coa temática!


APRENDIMOS MOITÍSIMO!!!

05 enero 2016

AS VACACIÓNS ESTÁN REMATANDO... E UN NOVO TRIMESTRE AGÁRDANOS!

A última semana antes de iniciar as vacacións estivo chea de boas experiencias!!!

Celebramos a "Semana da froita" degustando unha froita diferente cada día. Unhas gustaron máis ca outras pero probámolas todas!!!



Tamén recibimos unha videoconferencia sorpresa na que Ruth (auxiliar de conversa do pasado curso) nos felicitou as festas desde Irlanda do norte e nos falou dos seus novos proxectos para este ano.

O último día, os nenos e nenas de Educación Infantil démoslle a entrada ás vacacións de Nadal participando nunha gran festa no CEIP Plurilingüe da Espiñeira!!!

Pasámolo xenial nos distintos obradoiros organizados!

- Na aula e con material de refugallo:


- No pavillón:



E tamén gozamos da chocolatada e do biscoito na hora da merenda. Que rico estaba todo!!!


Pero as vacacións están rematando, e con moita ilusión e novos proxectos comezaremos este segundo trimestre!

FELIZ ANO 2016!!!