28 mayo 2016

GOODBYE TEACHER LORENA!!!

Neste mes de maio despedimos á nosa "teacher", xa que debía regresar ó seu fogar en Austin, Texas (EE.UU.), e como durante este tempo collémoslle cariño, con moita ilusión fixémoslle un agasallo de despedida para que se fose moi leda e teña un bo recordo de todas/os nós!


Desexámosche o mellor!!!


A BIG HUG LORENA!

  

06 mayo 2016

CHEGOU A PRIMAVERA E... NOTÁMOLO!

O mes de abril estivo cheo de acontecementos e de actividades no exterior... e iso debeuse a tregua que nos deu o tempo coa chegada da primavera. Polo que aproveitamos os días soleados para gozar e xogar no parque...



  
 



 Carreira de caracois: cal chegará antes á meta?










Que nervios!




...plantar unha das nosas froitas preferidas converténdonos en grandes agricultores/as, xa que íamos coa lección aprendida de todo o proceso de cultivo.




Non obstante, tamén trouxemos das nosas casas sementes e plantas varias co propósito de contribuír á mellora do planeta, cadrando coa conmemoración do día da TERRA: porque con pequenas aportacións podemos facer grandes cousas en prol da natureza!!!





A primavera tamén chegou as aulas de infantil e corredoiros do cole a través das nosas decoracións!






E para dar a benvida ó mes de maio, celebramos os Maios facendo uso da tradicional festa que dende hai moitos anos, vense celebrando na parroquia de Aldán.


  





09 abril 2016

NOVOS SERES QUE HABITAN NA CHARCA!!!

Esta semana unha alumna de 3º de Primaria tróuxonos crías de rás nunha botella, tamén coñecidas como "renacuajos", cágados ou "cucharillas"; e con moito interese vimos como eran, que cor tiñan e que forma e tamaño presentaban.


Tras isto, preguntámonos en que lugar do recinto da escola estarían mellor estes seres tan entrañables... Non nos levou moito tempo pensalo, e fomos directos á charca!


Os encargados das dúas aulas de infantil foron os elixidos para botar ós "renacuajos" na que xa é a súa casa: A CHARCA!



29 marzo 2016

SAÍDA Ó TEATRO: "O LOBO E A LÚA"

Na recta final do segundo trimestre, realizamos unha saída ó auditorio de Cangas para ver unha obra teatral. Con moitas ganas subímonos no autobús para tomar rumbo ó noso destino...


Previo á obra, decidimos aproveitar os raios de sol e merendar no parque. Pasámolo xenial!!!




E xa máis relaxados..., estábamos preparados para gozar da obra teatral O lobo e a Lúa.



Resultounos do maís entretida e rimos moitísimo coas tolerías dos seus protagonistas!


04 marzo 2016

UNHA VISITA TOTALMENTE INESPERADA!!!

Este trimestre as nenas e nenos de educación infantil recibimos unha visita moi especial de alguén a quen queremos moitísimo, foi a da PROFE LAURA, a cal apareceu de súpeto e sen nós saber nada de que viña!

Viu con boas novas!!! Ensinóunos á pequena Daniela nunha das súas primeiras instantáneas tomadas durante a ecografía!


Estaba moi feliz e ambas clases de infantil degustamos os riquísimos doces que a profe Laura quixo compartir con todos nós. Moitísimas grazas!!!

ESPERAMOS TER MÁIS VISITAS ASÍ!!!

UNHA GRAN APERTA!