16 junio 2015

SAÍDA CAMPO LAMEIRO

Como remate final do noso proxecto da Prehistoria fixemos unha fantástica visita ao "Parque arqueolóxico de Arte rupestre" de Campo Lameiro. Unha experiencia chea de aventuras e descubrimentos sorprendentes!! Regresamos a casa como auténticos prehistóricos tatuados e cheos de arte!!!!!!

07 junio 2015

SAÍDA "A RUTA DOS MUÍÑOS" (O BOSQUE ENCANTADO)

O pasado 26 de maio iniciamos unha aventura chea de misterios, pistas e tesouros polo Bosque Encantado de Aldán!

Espiñeiriña xa había uns días que nos enviara unha carta felicitándonos pola nosa investigación no proxecto da "Prehistoria" e premiounos cun xogo de pistas que nos conduciría cara un premio moi apetitoso...unha gran merenda en plena natureza!!


Antes de comezar a aventura, Espiñeiriña retounos a investigar sobre o millo e os muíños.
Para documentarnos mellor  visitamos aos que máis saben sobre o millo...o alumnado da idade moderna.


Gracias a esta previa investigación obtivemos a información necesaria para resolver as pistas e adiviñas e comezamos por aprender a plantalo.

O día da saída foi moi emocionante, e tivemos uns grandes coñecedores e guías; grazas Luis e Reyes por acompañarnos nesta gran aventura!! 

CORRELINGUA 2015

O pasado mes de maio realizamos unha saída a Bueu para a celebración do Correlingua.
Tivemos a oportunidade que xogar con xogos tradicionais do máis variado e divertidos.


E seguidamente comezou o tan esperado concerto de Paco Nogueiras que foi todo un éxito, e non defraudou nin a grandes nin pequenos!



12 mayo 2015

VISITA SORPRESA

A semana pasada, recibimos a visita do alumnado de 1º e 2º de Primaria que nos sorprenderon cun conto moi simpático e coa súa mascota!

Despois xogamos á caixa sorpresa, onde tiñamos que adiviñar, a través do tacto, as cousas que escondía no seu interior.

E entre outras, agochaba unha doce sorpresa que lles agasallamos con moita ilusión.
Agardamos repetir pronto esta experiencia!!

09 mayo 2015

O MALETÍN CIENTÍFICO XA ESTÁ EN CIRCULACIÓN!

A ciencia xa chegou á clase de 3 anos, e non pensa marchar!!!

Xa está a viaxar polas casas o  "maletín científico" con experimentos que, sen dúbida, non nos deixarán indiferentes. Esperemos gocedes desta experiencia na compaña dos vosos fillos/as que, coma sempre,  serán os principais protagonistas.