19 enero 2016

COMO AFRONTAR UNHA EVACUACIÓN?

Hoxe recibimos a visita duns profesionais membros da Protección Civil de Cangas, e botando man das personaxes da "Patrulla Canina", explicáronnos como actuar ante unha situación de emerxencia na escola. Nós estivemos moi atentos e atentas, pois logo faríamos un simulacro...

E así de ben o fixemos:

Unha vez a salvo, amosamos a nosa ledicia polo traballo ben feito....


  e pintamos uns debuxos relacionados coa temática!


APRENDIMOS MOITÍSIMO!!!

05 enero 2016

AS VACACIÓNS ESTÁN REMATANDO... E UN NOVO TRIMESTRE AGÁRDANOS!

A última semana antes de iniciar as vacacións estivo chea de boas experiencias!!!

Celebramos a "Semana da froita" degustando unha froita diferente cada día. Unhas gustaron máis ca outras pero probámolas todas!!!



Tamén recibimos unha videoconferencia sorpresa na que Ruth (auxiliar de conversa do pasado curso) nos felicitou as festas desde Irlanda do norte e nos falou dos seus novos proxectos para este ano.

O último día, os nenos e nenas de Educación Infantil démoslle a entrada ás vacacións de Nadal participando nunha gran festa no CEIP Plurilingüe da Espiñeira!!!

Pasámolo xenial nos distintos obradoiros organizados!

- Na aula e con material de refugallo:


- No pavillón:



E tamén gozamos da chocolatada e do biscoito na hora da merenda. Que rico estaba todo!!!


Pero as vacacións están rematando, e con moita ilusión e novos proxectos comezaremos este segundo trimestre!

FELIZ ANO 2016!!!

30 diciembre 2015

SAÍDA AO TEATRO "UN LÍO EN LA GRANJA"

O 7 de decembro o alumnado de E.I e 1º ciclo de E.P realizamos unha saída a Pontevedra onde puidemos gozar dunha boa merenda matutina e un bo ratiño de xogo ao aire libre... a mellor maneira de escorrentar o frío!!



Despois de entrar en calor, asistimos á obra de teatro "Un lío en la granja"



Resultou ser unha obra do máis entretida e divertida!, rímos a esgalla e aprendemos valores tan importantes e necesarios como a tolerancia e a amizade ao tempo que descubrimos os perigos dos prexuizos.

07 diciembre 2015

DESCUBRINDO O CORPO HUMANO

O noso corpo é un dos temas máis próximos e á vez enigmáticos cheo de interrogantes para nós.

Na clase de 3 e 4 anos, comezamos a aprendizaxe sobre o corpo humano expoñendo primeiro as ideas previas e logo trasladamos estas á silueta que fixemos... coa nosa compañeira Ángela como voluntaria:



En todo este proceso de procura de información e realización posterior de actividades, fomos adquirindo novos conceptos... e hoxe xa sabemos máis sobre o corpo humano e as súas partes!!




De cara a adquirir conciencia do noso corpo… medímonos, pesámonos, fixemos a nosa pegada dactilar…, para completar así a nosa ficha identificativa!!!


Tamén tivemos tempo para xogar á vez que aprendíamos!!!

(Un compañeiro pasoulle a pelota a Aleixo dándolle a instrución de que debía poñela na cabeza).

Pero non só traballamos as partes externas… tamén nos deu tempo a investigar un pouco sobre as partes internas do corpo. 


Ademais, unha das nosas compañeiras trouxo libros de consulta… e tamén un quebracabezas que puidemos construír entre todos/as e aprender algúns nomes de ósos que conforman o noso esqueleto humano! Moitas grazas!!!



Na clase de 4 e 5,  atopámonos cuns novos amigos que espertaron aínda máis a nosa curiosidade!!!!



Pronto comezaron as preguntas sobre eles, e as ganas de exploralos e coñecer todas as súas partes.

Formamos os equipos cooperativos: Equipo "superz" e "supergominola", puxémoslles nome a estes novos membros da clase: "Señor huesitos" e "Señor Asquerosito" e comezamos a investigación na busca de respostas sobre os nosos interrogantes.


Acudimos á biblioteca na procura de libros de consulta sobre o corpo e montamos na aula un pequeno recanto no que plasmar toda a información atopada.

En equipo, repartimos os roles e tarefas, tomamos decisións, buscamos e seleccionamos a información necesaria, escribimos os descubrimentos e expoñemos o aprendido ao resto dos/das compañeiros/as.

Un gran traballo no que todos compartimos e gozamos da aprendizaxe e os descubrimentos!!