O día 7 de xuño viaxamos cos demais nenos/as do cole ás fermosísimas Illas Cíes. Para elo, tivemos que coller varios medios de transporte, e o que máis nos gustou, sen dúbida algunha, foi o barco!
Ó chegar as illas repuxemos forzas para comezar a camiñata prevista, na cal contamos cunha guía que nos amosou e explicou as principais curiosidades que envolven a este paraíso natural!
Despois dunha boa andaina, fixemos algún xogo e puxémonos a comer debaixo dunha fermosa arboreda.
Xa algo cansos de tanta actividade, tocou tempo de relax, onde gozamos tomando un fresquísimo xeado...
Durante a travesía de volta no barco, aproveitamos para merendar!
Atracamos no porto de Cangas tras un día incrible de lecer nas Illas Cíes!
Chegamos ó cole moi cansos pero moi ledos, despois de gozar dun día estupendo, nun lugar encantador e cheo de historia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario