A pasada semana, realizamos un rico postre que incluía unha das froitas que máis nos gustan, as "fresas" ou amorodos! Tivemos a oportunidade de plantalas no cole e de facer un mantemento das mesmas regándoas paulatinamente. E así están agora...
O primeiro que fixemos foi elaborar unha lista da compra, para, de seguido, ir ó supermercado e non esquecernos de nada!
Saímos do cole moi contentos e respectando as normas de prevención e de seguridade vial...
Chegamos ó supermercado, e mantendo a orde, fomos buscando os envases e os alimentos que precisabamos e tiñamos anotados na nosa lista.
As traballadoras/es agradeceron a nosa visita e nós, estamos igualmente agradecidos do trato recibido e dos Sugus cos que nos agasallaron!
Compra realizada con éxito!!!
Xa cos ingredientes, as ferramentas precisas e un gorro persoal de cociñeiro... comezamos a nosa sesión de repostería!
Este foi o resultado!!!
![]() |
Mmmm, que rica! |
Parabéns por esta actividade tan completa e polo postre final que tiña moi boa pinta. Seguro que estaba boísimo! A verdade e que estades feitos uns auténtic@s masterchefs ;)
ResponderEliminarGrazas Sonia! Pasámolo xenial! :)
ResponderEliminar