09 junio 2020

PROPOSTA PARA FACER NA CASA 22

Bo día familias!!!

Este curso tan peculiar xa está case a punto de rematar. Xa quedan tan só dez días para que chegue ao seu fin. Pouco a pouco imos entrando na normalidade da situación, e se achega xa o tan desexado verán, do que os nenos e nenas desfrutan tanto.

Tendo en conta todo isto, a proposta de hoxe estará centrada en facer unha pequena lembranza do que foi este curso no colexio, no que estivemos traballando arredor do proxecto de centro de "Planétate: pequenos xestos grandes consecuencias", lema que elixiron e propuxeron entre o alumnado, e do que fixemos un montón de actividades comúns compartindo aprendizaxes abordo deste tema.

O día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, e onte o día 8 de xuño conmemorouse o Día Mundial dos Océanos, tan relacionados e importantes dentro do proxecto  que nos ocupou este curso.

1- COÑECEMOS OS OCÉANOS:

Propoñemos ver o seguinte video para poder facer con máis información a actividade proposta, aí vai o enlace:

https://youtu.be/8MH5uzxf83s



Agora que xa coñecemos un pouco máis dos océanos e xa sabemos cales son, propoñemos unha actividade coa que practicarán tanto o desenvolvemento lingüístico coma o lóxico matemático, e exercitarán un pouco a súa mente.

A actividade consiste en:

1º PASO: Escribimos os nomes dos océanos dúas veces nun folio de cores diferentes, ou ben podemos utilizar unha cor de rotulador diferente para escribir as letras de cada océano.


2º PASO: Recortamos as letras dun dos nomes dos océanos e deixamos o outro para ter un modelo. Cando as teñamos recortadas as mezclamos todas.


 3º PASO:  Colocamos cada letra debaixo da que lle corresponde para volver a formar os nomes, coma se fora un crebacabezas.


4º PASO: Agora podemos contar:
*Cantas "A" hai?
*Cantas "C" hai?
*Cantas "T" hai?
*Cantas "R" hai?...
*Comparamos: Hai máis ou menos "O" que "D"?, cantas máis hai? … así podemos facer todas as comparacións de número de letras que queiramos…


5º PASO: Por último tamén podemos intentar formar palabras novas coas letras dos continentes, coma por exemplo: andar, torta... Cales se vos ocorren?


2-CONTO CONTIÑO: "Salvaxe" de Emily Hughes.


Un pouquiño de COMPRENSIÓN LECTORA: Podedes facerlle as preguntas que queirades as vosas nenas e nenos para ver se entenderon o que nos quere ensinar o conto.

*Quen lle ensinou a falar á nena e como falaba?
*Quen lle ensinou a comer e que comía?
*Quen lle ensinou a xogara e como xogaba?
*Por que cres que a nena sentíase extraña con eses animais tan raros que apareceron un día no bosque e a levaron a súa casa?
*Estaba contenta nesa casa?
*Que fixo a nena para sentirse de novo feliz?
*Como te sentirías ti se te pasara ao revés e alguén te levara a vivir no bosque?...
Ao rematar poden facer un debuxo da nena "Salvaxe" na natureza que era onde se sentía feliz, vivindo no bosque cos seus amigos.
3- MINUTOS MUSICAIS: A continuación poden escoitar as seguintes cancións suxeridas, relacionadas co ECOLOXISMO, que espero que vos gusten:





4-CURTA "LEMON":

Deixámosvos tamén cunha curta que nos conciencia un pouquiño sobre o importante que é para a vida o coidado dos océanos, e o impacto que teñen os plásticos na natureza, por si vos apetece miralo:




Ata aquí chegaron as nosas propostas de actividades... Pero isto aínda non é unha despedida, xa que volveremos a vindeira semana para amosar o noso agradecemento pola vosa participación e colaboración. Asi, publicaremos uns vídeos nos que incluiremos todas esas fotiños que recibimos do traballo realizado polo alumnado nas súas casas en base as nosas propostas.


Que teñades boa semana!!! 
Voltamos o vindeiro venres 19 de xuño para despedir o curso!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario