11 junio 2016

SAÍDA ÁS ILLAS CÍES!

O día 7 de xuño viaxamos cos demais nenos/as do cole ás fermosísimas Illas Cíes. Para elo, tivemos que coller varios medios de transporte, e o que máis nos gustou, sen dúbida algunha, foi o barco!







Ó chegar as illas repuxemos forzas para comezar a camiñata prevista, na cal contamos cunha guía que nos amosou e explicou as principais curiosidades que envolven a este paraíso natural!















Despois dunha boa andaina, fixemos algún xogo e puxémonos a comer debaixo dunha fermosa arboreda.


Tamén houbo tempo para xogos na praia de Rodas (considerada unha das mellores do mundo)...




Xa algo cansos de tanta actividade, tocou tempo de relax, onde gozamos tomando un fresquísimo xeado...



Durante a travesía de volta no barco, aproveitamos para merendar!



Atracamos no porto de Cangas tras un día incrible de lecer nas Illas Cíes!


Chegamos ó cole moi cansos pero moi ledos, despois de gozar dun día estupendo, nun lugar encantador e cheo de historia!!!

07 junio 2016

REPOSTEIR@S POR UNS DÍAS!

A pasada semana, realizamos un rico postre que incluía unha das froitas que máis nos gustan, as "fresas" ou amorodos! Tivemos a oportunidade de plantalas no cole e de facer un mantemento das mesmas regándoas paulatinamente. E así están agora...


O primeiro que fixemos foi elaborar unha lista da compra, para, de seguido, ir ó supermercado e non esquecernos de nada!


Saímos do cole moi contentos e respectando as normas de prevención e de seguridade vial...


Chegamos ó supermercado, e mantendo a orde, fomos buscando os envases e os alimentos que precisabamos e tiñamos anotados na nosa lista.



As traballadoras/es agradeceron a nosa visita e nós, estamos igualmente agradecidos do trato recibido e dos Sugus cos que nos agasallaron!


Compra realizada con éxito!!!



Xa cos ingredientes, as ferramentas precisas e un gorro persoal de cociñeiro... comezamos a nosa sesión de repostería!



 




 Este foi o resultado!!!


Mmmm, que rica!
Trala boa experiencia como reposteiros/as, temos claro que queremos repetila coa elaboración dunha nova receita!

















03 junio 2016

CORRELINGUA!

Tras aplazarse a saída varias veces debido a causas meteorolóxicas, o día 30 de maio por fin puidemos celebrar o Correlingua xunto con outros centros do Morrazo. Así, Cangas estaba chea de nenas e nenos coma nós!


Houbo variados xogos dos que puidemos gozar...



Tempo de merenda
Algúns aproveitamos a hora de ir ó baño para visitar o salón de plenos do Concello.


Logo, tivemos tempo para ver ós arroaces saltar e dar un auténtico espectáculo polos arredores do porto de Cangas. Que ben o pasamos!!!


E por suposto, tamén cantamos e bailamos ó ritmo das cancións da Gramola Gominola!!!