02 noviembre 2016

RETO DE ESPIÑEIRIÑA: ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Un luns, ó chegar ó cole, atopamos xunto ás mascotas da clase unha carta dirixida a nós de parte da mascota do cole... Nela, Espiñeiriña contounos que este ano non puido ir de vacacións arredor do mundo como fora o verán pasado... Polo que se quedou na Espiñeira, e ela mesma sorprendeuse do ben que finalmente o pasou grazas ós novos amigos que fixo na charca.

Coa carta, mandounos tamén, unha serie de adiviñanzas para ver se dabamos co nome dun dos amigos ou amigas que fixo este verán e co/a cal viviu grandes aventuras.



Tras ler a carta e a primeira adiviñanza, decatámonos de que tiñamos que ir ata a charca, porque alí recibiríamos máis información para afrontar este reto...!






Tan só nos bastaron 3 adiviñas para telo claro... o becho que se fixera moi amigo de Espiñeiriña era o Verme de seda! Polo que decidimos facerlle un verme ben grande para agasallarlle a Espiñeiriña no seu 13º aniversario

















28 septiembre 2016

3, 2, 1... COMEZAMOS!

O día 12 de setembro, algúns e algunhas iniciamos unha nova andaina no CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán, non obstante, para outros/as era a súa primeira vez! Por iso, fixemos actividades de presentación entre compañeiros e compañeiras...




...e tamén do propio centro: investigamos as súas aulas, puxémoslles cara ós mestres e mestras e ó alumnado que as conforman, e preguntamos curiosidades que nos xurdían.









Fomos ó salón de actos e á biblioteca, onde estaba a mascota deste cole, Espiñeiriña!!!



Ademais, quedounos tempo para ir a xogar ó parque!!!








01 julio 2016

ANIVERSARIOS NEN@S DE INFANTIL (2º e 3º TRIMESTRE)

No seguinte enlace deixamos un vídeo no que amosamos as nosas particulares celebracións:



11 junio 2016

SAÍDA ÁS ILLAS CÍES!

O día 7 de xuño viaxamos cos demais nenos/as do cole ás fermosísimas Illas Cíes. Para elo, tivemos que coller varios medios de transporte, e o que máis nos gustou, sen dúbida algunha, foi o barco!







Ó chegar as illas repuxemos forzas para comezar a camiñata prevista, na cal contamos cunha guía que nos amosou e explicou as principais curiosidades que envolven a este paraíso natural!















Despois dunha boa andaina, fixemos algún xogo e puxémonos a comer debaixo dunha fermosa arboreda.


Tamén houbo tempo para xogos na praia de Rodas (considerada unha das mellores do mundo)...




Xa algo cansos de tanta actividade, tocou tempo de relax, onde gozamos tomando un fresquísimo xeado...



Durante a travesía de volta no barco, aproveitamos para merendar!



Atracamos no porto de Cangas tras un día incrible de lecer nas Illas Cíes!


Chegamos ó cole moi cansos pero moi ledos, despois de gozar dun día estupendo, nun lugar encantador e cheo de historia!!!